Canadian Bank Note Company | |
---|---|
![]() | |
Edificio da Canadian Bank Note Company | |
Tipo | Compañía privada. |
Fundación | 1897. |
Localización | ![]() ![]() ![]() |
Industria | Cuñaxe. |
Produtos | Billetess, selos, pasaportes etc. |
Na rede | |
http://www.cbnco.com/ | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Canadian Bank Note Company (CBNC) é unha compañía canadense dedicada á impresión de seguridade. Ten a súa sede en Otava, Ontario, e desde 1935 ten un contrato co Banco do Canadá para lle subministrar o papel moeda que pon en circulación.
A compañía ten tamén entre os seus clientes outras empresas de titularidade privada, así como diversos gobernos e entidades administrativas, bancos centrais e servizos postais de todo o mundo.
Ademais de billetes, a CBNC produce selos postais e documentos de seguridade como pasaportes,[1] carnés de conducir,[2] billetes de lotaría,[3] documentos de identificación e outros.[4]
En 1897, a CBNC estableceuse como unha división da compañía estadounidense American Bank Note Company (actualmente ABCorp), con sede en Nova York.[5]
En 1910 constituíuse como empresa independente e en 1973 a súa matriz, a American Banknote Company, vendeulle o 60 % ao empresario de Otava Charles Worthen.[5]
A partir de 1976, Douglas Arends foi adquirindo o control total da compañía e desde entón ten a súa sede en Otava, Ontario.[5]
En outubro de 2006, a compañía estadounidense RR Donnelley completou a adquisición do negocio de impresión financeira da CBNC, consistente na produción de documentación para as ofertas públicas iniciais.[6]
No relativo ao seu negocio internacional, en 1982 a CBNC adquiriu unha nova planta en Ogdensburg, Nova York, para subministrar selos de correos ao Servizo Postal dos Estados Unidos. En 1991 acadou un importante contrato con Ucraína para a produción de papel moeda para ese país e o mesmo sucedeu en 2011 con Nova Zelandia.[5][7] Ademais, desde 2014, a Canadian Bank Note Company é o principal provedor de pasaportes de lectura mecánica utilizados no grupo de países da Comunidade do Caribe (CARICOM),[8] que serven para promover a facilidade dos desprazamentos dentro do Mercado e Economía Únicos do Caribe (CSME).[9]
Esta é unha mostra dalgúns dos produtos impresos pola Canadian Bank Note Company:
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Canadian Bank Note Company ![]() |