![]() Retrato de Gerstäcker contra 1870 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de agosto de 1828 Berlín, Confederación Xermánica |
Morte | 20 de xullo de 1895 Greifswald, Pomerania Occidental (Imperio alemán) |
Cargos Conservador do Museo Zoolóxico Universidade Humboldt de Berlín Profesor universitario | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | alemá |
Formación profesional | Medicina, Ciencias Naturais |
Educación | Universidade Humboldt de Berlín |
Director de tese | Johann Christoph Friedrich Klug ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Entomoloxía e zooloxía ![]() |
Ocupación | zoólogo |
Empregador | Universidade Humboldt de Berlín Universidade de Greifswald |
Lingua | alemán |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Gerstaecker ![]() |
Arquivos en |
|
Premios | |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) ![]() |
Carl Eduard Adolph Gerstäcker, tamén coñecido como Carl Eduard Adolf Gerstaecker e Karl Eduard Adolf Gerstaercker, nado en Berlín o 30 de agosto de 1828, e finado en Greifswald, Pomerania Occidental, foi un zoólogo alemán especializado en entomoloxía.
Carl Eduard Adolph Gerstäcker naceu en Berlín, onde estudou Medicina e Ciencias Naturais, doutorándose en 1855. En 1856 obtivo a súa habilitación como zoólogo e pouco despois foi nomeado conservador do Museo Zoolóxico da Universidade Humboldt de Berlín. En 1864 comezou a traballar como conferenciante no Landwirtschaftlichen Lehranstalt (Institución Agraria para a Educación) en Berlín. En 1874 foi nomeado profesor asociado de zooloxía na Universidade Humboldt e, en 1876, profesor de zooloxía na Universidade de Greifswald.[1]
A abreviatura Gerstäcker emprégase para recoñcer a Carl Eduard Adolph Gerstäcker como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.