Carlos Boyero

Modelo:BiografíaCarlos Boyero
Nome orixinalCarlos Alberto Manuel Antonio Abdón Sánchez Boyero
Biografía
Nacemento2 de maio de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Salamanca, España Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEspañola
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid - xornalismo (1971–1975) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, crítico de cinema Editar o valor en Wikidata
EmpregadorEl País (2007–)
El Mundo (1989–2007)
Diario 16 (1986–1989)
Guía del Ocio (1979–1986) Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0102103 Rottentomatoes: critics/carlos-boyero BNE: XX895308 Editar o valor en Wikidata

Carlos Boyero, nado en Salamanca o 2 de maio de 1953, é un crítico de cine español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Durante a súa adolescencia adoitaba ler Charles Dickens e Dostoyevski, así como bandas deseñadas, sendo Corto Maltés o seu personaxe favorito. En 1971 comezou a estudar Ciencias da información na Universidade Complutense de Madrid, onde tivo como compañeiros de clase o actor Antonio Resines e o director Fernando Trueba. Con este último participou en 1974 como actor, xunto a Óscar Ladoire, na curtametraxe Óscar y Carlos.

Os seus inicios como crítico comezaron a finais dos anos 70 no semanario La Guía del Ocio, onde foi contratado por recomendación do seu compañeiro Fernando Trueba, que xa traballaba no semanario. Debido a que escribía con frecuencia críticas desfavorables que facían peligrar os contratos publicitarios do semanario e a relación da propia revista coas personalidades do mundo do cine foi despedido en 1986.

Despois de ser despedido comeza a traballar en El Independiente e Diario 16, ata o peche deste último no ano 2001, cando pasa a colaborar co xornal El Mundo e dende outubro de 2007 con El País.

Polémica

[editar | editar a fonte]

En outubro de 2024, Boyero fixo unhas declaracións galegófobas durante unha entrevista en "The Wild Project", nas que dixo que lle tiña manía ao actor galego Luis Zahera e ao seu "acento permanentemente galego".[1]

  1. "Carlos Boyero: «No conecto con Luis Zahera y su permanente acento gallego»". La Voz de Galicia. 9 de outubro de 2024. Consultado o 11 de outubro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]