Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Carlos Montero Castiñeira 9 de outubro de 1972 (52 anos) Celanova, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Campo de traballo | Escrita creativa e profesional |
Ocupación | guionista, director de cinema, escritor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Carlos Montero Castiñeira, nado en Celanova en 1972, é un escritor e guionista galego en lingua castelá.
Montero licenciouse en Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid, e ao pouco comezou a traballar como guionista para o cinema e a televisión a comezos da década dos 2000. Foi coguionista de series de televisión españolas moi populares, como El Comisario ou Al salir de clase, e creador doutro título importante, Física o Química, do que ademais foi guionista. Tamén adaptou novelas e outras pezas narrativas para a televisión, coma El tiempo entre costuras.
Xa en 2012 publicou a súa primeira novela, Los tatuajes no se borran con láser, e catro anos máis tarde gañou un dos premios literarios máis importantes para as novelas en lingua castelá, o Premio Primavera, que está dotado con 100.000 euros. O premio obtívoo por El desorden que dejas, unha novela ambientada na vila ficticia galega de Novariz.