Nome orixinal | (es) Carlos Solchaga Catalan |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 28 de maio de 1944 (80 anos) Tafalla, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
22 de xuño de 1993 – 7 de maio de 1994 – Francisco San Martín Sala → Lexislatura: V lexislatura de España Circunscrición electoral: Navarra Electo en: Eleccións Xerais 1993 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
14 de novembro de 1989 – 13 de abril de 1993 Lexislatura: IV lexislatura de España Circunscrición electoral: Navarra Electo en: Eleccións Xerais 1989 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
8 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989 Lexislatura: III lexislatura de España Circunscrición electoral: Navarra Electo en: Eleccións Xerais 1986 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
10 de novembro de 1982 – 23 de abril de 1986 Lexislatura: II lexislatura de España Circunscrición electoral: Navarra Electo en: Eleccións Xerais 1982 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
11 de abril de 1980 – 31 de agosto de 1982 ← José Antonio Aguiriano Lexislatura: I lexislatura de España Circunscrición electoral: Araba Electo en: Eleccións Xerais 1979 en España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | economista, político, empresario |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Premios | |
Sitio web | solchagarecio.es… |
Carlos Solchaga Catalán, nado en Tafalla o 28 de maio de 1944, é un economista, político español e ex-dirixente do Partido Socialista de Navarra e do Partido Socialista Obrero Español. Foi ministro de Economía de España.
Carlos Solchaga naceu na localidade navarra de Tafalla en 1944.[1] Gradouse en Economía e Negocios pola Universidade Complutense de Madrid en 1966.[2][3] Logrou un máster polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1971.[2]
Solchaga comezou a súa carreira profesional no Banco de España.[2][4] Foi o xerente de estudos económicos e conselleiro do Banco de Vizcaya dende 1976 até 1979.[5]
Membro do Partido Socialista de Euskadi-PSOE dende 1974 (naquela época o PSE-PSOE agrupaba ós socialistas do País Vasco e Navarra), foi o número dous por Áraba nas listas do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) en 1979. O retroceso electoral socialista no País Vasco respecto das anteriores eleccións deixouno fóra do Congreso, ó que non accedeu até abril de 1980, tras a renuncia da cabeza de lista por Áraba. En devandita lexislatura, foi voceiro do Grupo Parlamentario "Socialistas Vascos" do Congreso dos Deputados, substituíndo a Txiki Benegas. Até a súa chegada ó Congreso, fora conselleiro de Comercio no Consello Xeral Vasco, o órgano preautonómico do País Vasco, baixo a presidencia de Carlos Garaikoetxea. Foi reelixido deputado nas eleccións de outubro de 1982, esta vez por Navarra (renovando escano pola mesma comunidade en 1986, 1989 e 1993).
Formou parte do primeiro gabinete de ministros de Felipe González.[5][6] En decembro de 1982, foi nomeado Ministro de Industria e Enerxía,[7] cargo dende o que impulsou o programa neoliberal[8] de reconversión industrial, cunha considerable conflitividade laboral nos sectores afectados, especialmente o naval. En 1985, pasou a ocupar o Ministerio de Economía e Facenda de España, no que permaneceu até 1993.
En agosto de 1991, foi elixido presidente do Comité Interino (órgano executivo) do Fondo Monetario Internacional (FMI).[2] A súa presidencia no FMI rematou en setembro de 1993[9] e foi sucedido polo Ministro de Economía de Bélxica, Philippe Maystadt.[10] Tras as eleccións Xerais de 1993, foi elixido Portavoz do Grupo Socialista do Congreso dos Deputados. Mantivo fortes tensións coa facción "guerrista" do PSOE. En 1996 deixou a política activa pero non a vida pública.
A continuación dedicouse a traballar para o sector privado. Dende 1991, Solchaga ocupa diversos cargos como conselleiro e consultor externo de grandes corporacións sendo o secretario da Fundación Euroamérica[11] ademais de estar vinculado a diferentes organismos culturais, como o Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía, de cuxo Padroado foi nomeado vicepresidente.[5] Tamén é membro de numerosas institucións, incluíndo PRISA e Renta Corporación.[5]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos Solchaga |