Castelo de Blarney | |
---|---|
Concello | Blarney |
Provincia | Munster, Irlanda |
Coordenadas | 51°55′44″N 8°34′15″O / 51.928888888889, -8.5708333333333 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | Castelo medieval (1210) |
Estilo actual | Reconstruído en 1446 (estrutura actual) |
Estado actual | Parcialmente en ruínas |
Véxase tamén | |
Castelos de Irlanda | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Castelo de Blarney (en irlandés: Caisleán na Blarnan) é unha fortaleza medieval que se atopa no concello irlandés de Blarney, preto de Cork e do río Martin.
O castelo actual é o terceiro que se construíu no mesmo lugar. O primeiro foi unha estrutura de madeira do século X, mentres que o segundo data de 1210 e a madeira foi substituída por pedra. Porén, posteriormente foi derrubado e en 1446 construíuse un novo castelo por orde de Dermot McCarthy, rei de Munster. A aparencia actual é a do terceiro castelo[1].
O castelo atópase hoxe en día parcialmente en ruínas mais conta con algunhas estancias e cuartos aos que se pode acceder. Na parte superior, a carón das ameas, atópase a Pedra da Elocuencia, máis coñecida como Pedra de Blarney, que atrae a moitos turistas. Dise que bicar a pedra pendurado no aire e de costas proporciona o don da elocuencia.
Arredor do castelo hai grandes xardíns e varios camiños que levan a formacións rochosas curiosas que levan por nome Druid's Circle, Witch's Cave e Wishing Steps. A Casa Blarney, unha mansión de estilo escocés de 1874, tamén se atopa preto do castelo e está aberta ao público.[2]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo de Blarney |
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |