Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2016.) |
Catalunya Lliure | |
---|---|
Mocidades | Maulets |
Historia | |
Fundación | 1989 |
Disolución | 1996 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Socialismo Independentismo catalán |
Outros datos | |
Sede | Valencia e Barcelona |
Catalunya Lliure (en galego Cataluña Libre) foi unha coalición electoral independentista catalá fundada en 1989, que agrupaba o Moviment de Defensa de la Terra-PSAN e o Front Nacional de Catalunya para participar nas eleccións europeas dese ano, conseguiu 19.586 votos e a fins dese ano converteuse en partido político que defendía a unificación de toda Cataluña, ó pobo traballador catalán e a defensa lexítima de tódalas formas de loita. Os seus líderes foron Josep Guia, Salvador Balcells e Jordi Moners.
No ano 1991 publicou un anteproxecto de Constitución para Cataluña que se vai constituír no referente da súa actuación política, a fins dese ano unha parte importante da militancia, entre os que está o líder no Rosellón (ou Cataluña Norte), Jordi Vera, entra en ERC e ó ano seguinte CL acaba disolvéndose.
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |