Caulobacter | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Caulobacter crescentus | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
C. crescentus |
Caulobacter é un xénero de bacterias gramnegativas da clase Alphaproteobacteria.[1] O seu membro máis coñecido é Caulobacter crescentus, un organismo moi estendido en lagos de auga doce e ríos; moitos membros do xénero están especializados en ambientes oligotróficos.
Aínda que membros de Caulobacter non son normalmente considerados causantes de enfermidades humanas, algúns illamentos de Caulobacter foron implicados en varios casos de peritonites recorrentes en pacientes en diálise peritoneal.[2][3] Un estudo identificou as especies C. crescentus e C. mirare como causa dunha enfermidade na avelaíña Galleria mellonella; outras especies de Caulobacter teñen un potencial patoxénico.[4]