Cefazolina | |
---|---|
Identificadores | |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A cefazolina é un antibiótico beta-lactámico pertencente á primeira xeración de cefalosporinas[1].
É activa fronte a bacterias grampositivas, coma Staphylococcus aureus e Clostridium, agás Clostridium difficile. Posúe ademais actividade fronte a Neisseria, Escherichia coli, Klebsiella, Proteus mirabilis e algúns bacilos gramnegativos anaerobios (Fusobacterium e Bacteroides, agás Bacteroides fragilis).
A dose habitual é de 1 ou 2 gramos cada 8 horas por vía parenteral. A dose debe reducirse en poboación pediátrica e en insuficencia renal con filtrado menor de 50. Está situado na categoría B da FDA de emprego de fármacos durante o embarazo[2].
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |