Cefotaxima | |
---|---|
Identificadores | |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Cefotaxima é un antibiótico beta-lactámico pertencente á terceira xeración de cefalosporinas. En España foi comercializada baixo o nome de Claforan.
Cefotaxima posúe un amplo espectro de actividade, que abrangue bacterias grampositivas (Staphylococcus e Streptococcus), gramnegativas (Escherichia coli, Citrobacter, Klebsiella, Enterobacter aerogenes, Serratia marcescens, Proteus, Haemophilus influenzae, Neisseria gonorrhoeae, Neisseria meningitidis, Moraxella catarrhalis). Tamén presenta actividade fronte anaerobios (Bacteroides, Peptococcus, Peptostreptococcus, Fusobacterium).
Cefotaxima adoita ser resistente á hidrólise por beta-lactamases de tipo I, II, III, IV e V. Adoita ser resistente ás penicilinasas producidas por Staphylococcus aureus. Porén, as beta-lactamases producidas por Bacteroides fragilis, Proteus vulgaris, Citrobacter, Enterobacter, Pseudomonas e Serratia poden inactivar a cefotaxima. Do mesmo xeito, as beta-lactamases de expectro estendido (BLEE) producidas por outras enterobacterias poden degradar a cefotaxima[1].
En España, a Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios aprobou as seguintes indicacións:
Soamente existe formulación inxectable (intramuscular ou intravenosa). A dose oscila entre 1 ou 2 gramos cada 6 u 8 horas. Debe ser reducida en insuficiencia renal e en poboación pediátrica[2].
Cefotaxima pertence á categoría B da FDA. Secrétase en pequenas cantidades no leite materno, polo que se recomenda precaución no seu emprego[3].
Incompatible na mesma solución con aminoglicósidos, metronidazol e bicarbonato de sodio. Pode interferir na medición de niveis de teofilina2.