Cephalophus Duiqueros ou cefalofos | |||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cephalophus rufilatus femia coa súa cría | |||||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||||||||||
Antilope silvicultrix Afzelius, 1815 | |||||||||||||||||||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||||||||||||||||||
|
Cephalophus é un xénero de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos, subfamilia dos cefalofinos.[1][2]
O xénero inclúe dezasete especies de pequenos antílopes africanos coñecidos como duiqueros ou cefalofos.[3]
O nome duiquero significa, en afrikaans, 'mergullador', debido ao costume destes tímidos animais a mergullarse na maleza cando están asustados.
Os duiqueros son pequenos antílopes, algúns moi pequenos, co corpo como anicado, co lombo moi arqueado. As patas son curtas e finas, as dianteiras, na maioría das especies, lixeiramente máis curtas que as traseiras. A cabeza aparece como abaixada cara ao chan. Presentan unha crista frontal, ben desenvolvida, de pelos longos, entre os cornos, ás veces ocultándoos. Aos lados da cabeza hai unha liña de poros (onde se abren cadansúa glándula), formando unha longa serie nunha zona espida. Ambos os sexos teñen cornos. Os cornos, presentes en ambos os sexos, son rectos, de sección triangular, moi curtos (sempre máis curtos que a cabeza, a miúdo moito máis curtos) dirixidos cara a atrás, continuando a liña do perfil nasal. A pelaxe e lisa e lustrosa.[4][5]
Viven confinados nas selvas ou en matogueiras moi mestas. Non son gregarios e teñen costumes moi retraídos. Aínda que se ven poucas veces, son, porén, a miúdo moi abundantes.[4][5]
Como quedou dito, o xénero comprende dezasete especies:[1][2]
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cephalophus |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cephalophus |