Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2020.) |
San Miguel é unha compañía cervexeira española fundada en Manila (Filipinas) en 1890 e que actualmente forma parte do Grupo Mahou-San Miguel.
En 1890, Enrique María Barretto de Ycaza inaugurou nun barrio de Manila (Filipinas) chamado San Miguel (actualmente Cebú) a Fábrica de Cerveza de San Miguel. Esta fábrica absorbeu a produción dos frades dun pequeno convento de agostinos recoletos que comenzaran en 1885 nese barrio.[Cómpre referencia] Pouco a pouco comezou a súa exportación a outras zonas do sueste asiático, onde é a cervexa máis consumida. Actualmente é un gran grupo baixo o nome de San Miguel Corporation.
En febreiro de 1946 constituíuse en Lleida a sociedade La Segarra S.A coa finalidade de fabricar cervexa, mais os trámites burocráticos fixeron que a súa posta en marcha non tivese lugar ata 1953.
En 1957 asinouse o "Acuerdo de Manila" co presidente de San Miguel Corporation, Andrés Soriano, nacendo así a compañía "San Miguel, Fábricas de Cerveza y Malta, S.A.", independente da matriz filipina. Dende aquela as dúas empresas seguiron camiños ben distintos.
En 1966 San Miguel abriu unha segunda fabrica en Málaga coa que conseguiu un aumento importante da súa produción, permitindo o inicio da exportación un ano despois.[Cómpre referencia]
En 1970 mercou a Compañía Hispano-Holandesa de Cervezas (GULDER) e a súa fábrica de Burgos. As tres fábricas tiñan unha capacidade de 1 600 000 hl e lograron unha cota do 7% do mercado español.
Coa progresiva apertura de España e co traballo do Departamento de Exportación da compañía, os anos setenta caracterizáronse polo aumento das exportacións, tanto a Europa Occidental como a Europa Oriental e ao Norte de África, chegando a roldar a cifra anual de 125.000 hl.[Cómpre referencia]
En 1994 Général Agro-Alimentaire de Participations (Danone) mercou un 18% da sociedade. Danone xa dispuña dunha participación da tamén española Mahou. O que produciu un aproveitamento das sinerxias con este grupo, así como a futura venda de San Miguel a Mahou. En 1997 Danone aumentou a súa presenza ao 82% (un 30% cedeullo a Mahou).
No ano 2000, Danone comezou a desfacerse de tódolos intereses relacionados coa cervexa, co que o grupo San Miguel uniuse a Mahou, creando o primeiro grupo cervexeiro de capital español. No 2005 terminou este proceso, quedando Mahou (e polo tanto San Miguel) en mans das familias Herraiz e Gervás.[Cómpre referencia]
Actualmente[cando?] o grupo Mahou-San Miguel ten máis dun 30% do mercado español e as súas marcas son exportadas a máis de 35 países.[Cómpre referencia]