Challengers | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The New Pornographers | ||||
Publicado | 21 de agosto de 2007 | |||
Gravación | 2006 - 2007 | |||
Estudio(s) | The Seaside Lounge, Brooklyn | |||
Duración | 48:17 | |||
Xénero(s) | indie rock, power pop | |||
Selo(s) | Last Gang (Canadá) Matador (EEUU) | |||
Produtor | Phil Palazzolo, John Collins, A. C. Newman | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Challengers é o cuarto álbum da banda canadense de indie rock The New Pornographers, publicado o 21 de agosto de 2007 a través dos selos Last Gang Records e Matador Records.[1] O listaxe de cancións do disco foi revelado o día 1 de xuño de 2007.[2] Un box set con tres CDs regravables en branco, chamado "Executive Edition", foi editado o 7 de agosto de 2007, dúas semanas antes do álbum, coa promesa de futuras descargas multimedia dende a web do grupo para que os seguidores compilasen e gravasen os seus propios CDs. O primeiro disco incluía caras B, demos e versións alternativas; o segundo, titulado "Live from the Future", tiña interpretacións ao vivo de temas relacionados co álbum; e o terceiro traía vídeos, fotos e traballos de arte dos discos. O material extra estivo dispoñible para descarga cos pedidos anticipados de Challengers.[3] "Failsafe" é unha canción de A.C. Newman gravada inicialmente pola banda de indie pop canadense The Choir Practice, e aparecida no seu álbum de estrea varios meses antes da edición de Challengers.
Challengers estreouse no número 34 da lista estadounidense Billboard 200, vendendo unhas 20 000 copias na súa primeira semana.[4] "Myriad Harbour" foi número 79 na lista da Rolling Stone das 100 mellores cancións de 2007.
Todos os temas compostos por A. C. Newman, agás onde se indique.
A edición en vinilo adjusta as cancións lixeiramente, cambiando a posición de dous temas polo que "Unguided" pecha a cara 1 e "Failsafe" abre a cara 2.