Chamaecyparis thyoides Falso ciprés branco americano, camecíparis branco americano | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Chamaecyparis thyoides cerca do bordo dun pantano en Nova Jersey. | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Chamaecyparis thyoides (L.) Britton, Sterns & Poggenb., 1888 | |||||||||||||||||
![]() Área de dispersión natural de Ch. thyoides.
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Chamaecyparis thyoides é unha especie de conífera da familia das cupresáceas (Cupressaceae), subfamilia das cupresoideas (Cupressoideae), unha das seis incluídas no xénero Chamaecyparis.
Propia da costa do océano Atlántico de Norteamérica, distribúese desde o estado de Maine até o sur do de Xeorxia, cunha poboación illada no golfo de México, e pola costa da Florida, até o río Mississippi.[1]
Crece en lugares húmidos, nas chairas costeiras a altitudes desde o nivel do mar até os 50 m e, máis raramente, no sopé dos montes Apalaches até os 460 m de altitude.[1] [2] [3]
É unha árbore perennifolia que alcanza entre os 20 e os 28 m de altura (raramente chega aos 35 m), con follaxe plumosa moderadamente aplanada, de cor que pode ir da verde á verdeazulada. As folla son escamentas, de 2 a 4 mm de longo, as máis delas cunha glándula resinífera dorsal, e se presentann en pares opostos en brotes algo aplanados. As piñas ou conos son subglobosas, pequenas, de 4 a 9 mm de diámetro, con de 6 a 10 escamas, verdes ou moradas, que tornan a cor parda cando maduran, de 5 a 7 meses despois da polinización. As piñas con pole son de cor purpúrea ou parda, de entre 1,5 e 3 mm de longo e de 1 a 2 mm de ancho, liberando o seu polen amarelo en primavera.[2] [4] [5] [6]
A copa é flamíxera (en forma de chama), estreitándose cara á cima, arredondada. A casca dos troncos é de cor parda escura ou parda agriusada apagada, fendéndose en capas de longas láminas verticais.[6]
O seu crecemento é moi lento, e a súa vida bastante curta.[6]
A especie foi orixinalmente descrita en 1753 por Carl von Linné na páxina 1003 do volume 2 da súa obra Species Plantarum, baixo o nome de Cupressus thyoides. En 1888, no catálogo preliminar de Anthophyta and Pteridophyta, foi rexistrada como crecendo espontaneamente ao redor dunhas cen millas na contorna de Nova York por Nathaniel Lord Britton, Emerson Ellick Sterns e Justus Ferdinand Poggenburg, que a reclasificaron dentro do xénro Chamaecyparis.[7]
Ademais de polo seu nome actual, e polo basónimo (nome que lle adxudicou Linnaeus cando a describiu por primeira vez, a especie tamén se comeceu polos seguintes sinónimos:[8]
Recoñécense dúas subespecies, xeograficamente illadas, tratadas por algúns botánicos como especies distintas, mentres que outros considéranas como unha soa variedade:[1] [2] [4] [9]
Chamaecyparis thyoides é unha especie de relativa importancia para a horticultura como árbore de xardín, con varios cultivares segundo o método de cultivo que se seleccionara para a plantación, lográndose espécimes de diferentes tamaños e formas da copa, taxas de crecemento e cor das follas. Entre estes cultivares están 'Aurea' (con follaxe amarela), 'Heatherbun' (anana, de cor púrpura en inverno),[10] 'Andelyensis' (anana, con follaxe densa), 'Ericoides' (con follaxe xuvenil), e 'Glauca' (con follaxe glauca intensa).[4]
Nalgúns lugares, particularmente no condado de Mobile, Alabama, esta árbore cultívase como árbore de Nadal.[11]
En xardíns e parques de Galicia esta especie e pouco abundante, pero pódense ver exemplares dela no Parque de Castrelos de Vigo e no Campus Sur da Universidade de Santiago.[12]
Posíebeis nomes en galego poderían ser falso ciprés branco americano ou camecíparis branco americano.[6]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chamaecyparis thyoides ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Chamaecyparis thyoides |