Charidotella sexpunctata | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Charidotella sexpunctata é unha especie de escaravello da familia Chrysomelidae. É nativo de América.
Hai dúas subespecies, ssp. bicolor e ssp. sexpunctata.[1]
Os adultos miden de 5 a 7 mm de lonxitude. Son de cor variable, xeralmente dourada a alaranxada brillante con ou sen manchas negras.[2] As marxes dos élitros e o pronoto son curvados e case transparentes.[3]
A cor muda durante o seu desenvolvemento, durante o apareamento ou cando se lles toca. Os científicos examinaron o mecanismo dos cambios de cor nunha especie relacionada, Charidotella egregia. A hidratación e deshidratación pode influenciar nos cambios de cor.[4] A cor dos adultos de ámbalas dúas especies presenta cambios semellantes.[5]
A femia de Charidotella sexpunctata pon ovos, solitarios ou en grupos, no envés das follas ou no talo da planta hóspede. A larva emerxe en cinco a dez días. É amarelada ou avermellada, e ten espiñas. Acumula os seus produtos de refugallo no canto de descartalos, e úsaos como un escudo protector en contra de depredadores depositándoos nunha especie de percha do extremo posterior do abdome. Despois de cada muda engade o exoesqueleto. Despois de dúas a tres semanas convértese en pupa.[6][3]
Consome a follaxe de plantas da familia Convolvulaceae, incluíndo Convolvulus e Ipomoea. Aínda que se alimenta dalgunhas plantas cultivadas, non chega a ser unha praga seria.[3]
Os parasitoides desta especie inclúen a avespa eulófida, Tetrastichus cassidus e a mosca taquínida Eucelatoriopsis dimmocki. Son depredados por coccinélidos e por bechos pentatómidos e redúvidos.[3]