Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de novembro de 1914 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 18 de decembro de 2003 (89 anos) Tamarac, Estados Unidos de América (pt) |
Lugar de sepultura | valor descoñecido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Yale |
Actividade | |
Ocupación | lingüista , escritor , Ufólogo , guionista |
Lingua | Lingua francesa, lingua castelá, lingua alemá, lingua italiana, lingua portuguesa, lingua xaponesa, lingua rusa, lingua turca, Lingua árabe, lingua hebrea, lingua grega, lingua malaia, lingua norueguesa, lingua sueca, lingua dinamarquesa, lingua romanesa, lingua catalá, lingua tailandesa, Lingua hindustana e lingua inglesa |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército dos Estados Unidos de América |
Familia | |
Cónxuxe | Valerie Seary |
Nai | Millicent Daisy Frambach (en) |
|
Charles Frambach Berlitz, nado en Nova York o 20 de novembro de 1914 e finado en Tamarac, Florida, o 18 de decembro de 2003, foi un escritor estadounidense coñecido polas súas obras sobre fenómenos paranormais, aínda que tamén escribiu sobre ensino de linguas.
O seu libro máis famoso é The Bermuda Triangle, do que vendeu uns vinte millóns de exemplares.
Era neto do fundador das academias de ensino de linguas Berlitz Language Schools. El mesmo foi un gran políglota que falaba trinta e dúas linguas. Graduouse magna cum laude na Universidade Yale e estivo trece anos no exército dos Estados Unidos, principalmente na póla de espionaxe. Logo traballou na empresa da familia, onde foi autor de libros con frases para turistas. Tamén participou na redacción de cursos de linguaxe gravados en cintas e discos.
A finais dos anos sesenta vendeu a súa compañía á firma Crowell, Collier & Macmillan.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charles Berlitz |