Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de marzo de 1893 Jamestown, Estados Unidos de América |
Morte | 14 de agosto de 1975 (82 anos) San Jose, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro de páncreas |
Educación | Universidade de California, Berkeley Universidade Columbia |
Actividade | |
Ocupación | paleontólogo, zoólogo, herpetólogo |
Empregador | Museo Americano de Historia Natural Universidade de California, Berkeley University of California Museum of Paleontology (en) |
Interesado en | Phytosauria (pt) e Ictiossauro (pt) |
Profesores | Joseph Grinnell (pt) e William King Gregory |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Camp |
Premios | |
| |
Charles Lewis Camp, nado en Jamestown (Dacota do Norte) o 12 de marzo de 1893 e finado en San Jose (California) o 14 de agosto de 1975, foi un paleontólogo, historiador e zoólogo estadounidense, especializado en herpetoloxía.[1]
Seu pai, que era xurista, participou na elaboración da constitución do estado de Dacota do Norte. En 1895, a familia Camp mudouse ao sur de California. En 1908 Charles Lewis coñeceu a Joseph Grinnell (1877-1939), mentres buscaba fósiles na zona. Grinnell, que recoñeceu o interese de Camp pola historia natural e a paleontoloxía, o contratou en nome da Universidade de California en Berkeley para participar nunha misión de investigación na serra San Jacinto, no sur de California.
Charles L. Camp comezou a estudar en Berkeley en 1911 e doou ao seu Museo Zoolóxico unha rica colección herpetolóxica. Completou os seus estudos na Universidade de Columbia, en Nova York, onde recibiu clases de William King Gregory (1876-1970). A primeira guerra mundial interrompeu os seus estudos, e completou o seu doutoramento en Columbia e no Museo Americano de Historia Natural coa axuda de Mary Cynthia Dickerson (1866-1923). Entre os estudantes que coñeceu están Gladwyn Kingsley Noble (1894-1940) e Alfred Sherwood Romer (1894-1973).
Camp leu a súa tese de doutoramento en 1923, un traballo sobre a clasificación dos lagartos. Uniuse ao cadro de persoal da Universidade de California en Berkeley, onde ensinou anatomía comparada desde 1922.
Participou en escavacións nas Placerias Quarry en 1930. Nese ano foi trasladado ao departamento de paleontoloxía da Universidade, onde tamén dirixiu o Museo desde 1930 a 1949.
En 1923 describiu a infraorde dos Escincomorfos en "Classification of the lizards". Bulletin of the American Museum of Natural History 48: 289-481.[2]
Descubriu corenta esqueletos de Shonisaurus na década de 1960, que agora están no Parque Estatal Berlín-Ictoosauros.
Camp nomeou gran número de especies de réptiles mariños, como Shonisaurus e Plotosaurus, así como o dinosauro Segisaurus, do que publicou a súa descrición en 1936.
Retirouse en 1960.
Ademais de científico, Camp foi tamén un importante historiador da América occidental. Este aspecto da súa traxectoria reflíctese principalmente en dúas obras. A primeira é a biografía do pioneiro americano James Clyman, que Bernard De Voto denominou "un dos media ducia de clásicos do campo". O segundo traballo é a terceira edición de The Plains and the Rockies, publicada en 1953, que Camp anotou exhaustivamente. Foi galardoado en 1970 co Premio Memorial Henry Raup Wagner, da California Historical Society.
A abreviatura Camp emprégase para recoñecer a Charles Lewis Camp como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.