![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt-br) Francisca Edwiges Neves Gonzaga ![]() 17 de outubro de 1847 ![]() Río de Xaneiro, Brasil ![]() |
Morte | 28 de febreiro de 1935 ![]() Río de Xaneiro, Brasil ![]() |
Outros nomes | Chiquinha Gonzaga ![]() |
Grupo étnico | Pardo brasileiro ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Música ![]() |
Ocupación | compositora, pianista, directora de orquestra, activista ![]() |
Xénero artístico | Choro (música) e marchinha de carnaval ![]() |
Instrumento | Piano ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Latin American Classical Composers: A Biographical Dictionary (en) ![]() Dictionary of Caribbean and Afro–Latin American Biography (en) ![]() International Encyclopedia of Women Composers (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Francisca Edwiges Neves Gonzaga, máis coñecida como Chiquinha Gonzaga, nada o 17 de outubro de 1847 en Río de Xaneiro (Brasil) e finada na mesma cidade o 28 de febreiro de 1935, foi unha compositora, pianista, así como a primeira directora de orquestra brasileira.
Chiquinha Gonzaga naceu o 17 de outubro de 1847 na cidade de Río de Xaneiro, daquela capital do Imperio do Brasil, filla de José Basileu Neves Gonzaga, un militar procedente dunha familia ilustre no Imperio, e a súa liberta Rosa, que era filla de escrava.[1]
Ao longo da súa vida Chiquinha Gonzaga compuxo en numerosos xéneros musicais, moitos deles creados a finais do século XIX na súa cidade natal. Entre os xéneros que cultivou poden citarse o batuque, o choro, a samba, o maxixe ou tango brasileiro, así como numerosos valses e polcas, e cinco marchas de carnaval.[2]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chiquinha Gonzaga |