Chivalry: Medieval Warfare | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Torn Banner Studios |
Distribuidora(s) | Steam (online) Lace Mamba Global (Europa) Zoo Corporation (Xapón) [1] |
Motor | Unreal Engine 3 NVIDIA PhysX (additional effects) |
Lanzamento | 16 de outubro de 2012 |
Xénero | Acción |
Modos de xogo | Multixogador |
Clasificación | PEGI USK |
Plataforma(s) | Microsoft Windows |
Formato(s) | Descarga (vía Steam) |
Requisitos | Windows XP Intel Core 2 Duo 2.4 GHz ou AMD Athlon X2 2.7 2 GB de RAM 7 GB de Espazo no Disco Duro DirectX 9.0c de tarxeta gráfica Conexión de Internet |
Na rede | |
Páxina oficial | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Chivalry: Medieval Warfare é un videoxogo de acción e multixogador desenvolvido por Torn Banner Studios como o seu primeiro traballo comercial.[2] O xogo está ambientado na Idade Media e ofrece un modo de combate semellante ó de Age of Chivalry. O 20 de setembro de 2012, estreouse un tráiler que fixaba a data de lanzamento o 16 de outubro de 2012. Os desenvolvedores confirmaron que o xogo sería só para Windows, mais deixaron aberta a posibilidade de facer versións para diferentes consolas se o interese polo xogo era grande de abondo.[3][4] O pack de expansión, Chivalry: Deadliest Warrior, foi anunciado o 23 de agosto de 2013. Está relacionada co programa de televisión Deadliest Warrior.[5] A secuela Chivalry 2 saíu en 2021.