(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xullo de 1970 (54 anos) La Tour-de-Trême, Suíza (pt) |
Xerente Garanto (en) | |
2020 – | |
Member of the Swiss Council of States (en) | |
29 de maio de 2012 – 10 de xaneiro de 2021 Circunscrición electoral: Cantón de Friburgo | |
Presidente Partido Socialista Suízo | |
2008 – 2020 | |
Membro do Consello Nacional de Suíza | |
1 de decembro de 2003 – 28 de maio de 2012 | |
Datos persoais | |
Residencia | Vuadens (pt) |
Educación | Universidade de Friburgo, Suíza Q24047856 Universidade de Leicester (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Berna |
Ocupación | político, sindicalista |
Partido político | Partido Socialista Suízo |
Páxina web | levrat.ch |
Christian Levrat, nado o 7 de xullo de 1970 en La Tour-de-Trême, é un sindicalista e político suízo, presidente do Partido Socialista Suízo desde o 1 de marzo de 2008.
Licenciado en dereito pola Universidade de Friburgo, realizou o mestrado en ciencias políticas na Universidade de Leicester. Traballou na defensa do dereito de asilo en Cáritas de Suíza (1995-2000) e como xefe do servizo xurídico da Organización Suíza de Axuda aos Refuxiados.
Foi secretario central e presidente do Sindicato da Comunicación, e tamén vicepresidente da Unión Sindical Suíza (2003 - 2008). Entre 2000 et 2004 foi membro da Asemblea Constituínte de Friburgo. En 2003 entrou no Consello Nacional e reelixido en 2007. Tras a marcha de Hans-Jürg Fehr foi o único candidato a presidencia do Partido Socialista Suízo, resultando elixido nun congreso extraordinario celebrado en Basilea.
O 11 de marzo de 2012 nunhas eleccións parciais entrou no Consello dos Estados, substituíndo a Alain Berset[1], logrando o 54,2 % dos votos.