Chronica Adefonsi Imperatoris | |
---|---|
Título orixinal | Chronica Adefonsi Imperatoris |
Autor/a | valor descoñecido |
Lingua | latín medieval |
Tema(s) | Afonso VII |
Xénero(s) | crónica real |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Chronica Adefonsi Imperatoris ("Crónica do emperador Afonso"), escrita en latín por un autor anónimo a mediados do século XII, relata os feitos do reinado de Afonso VII de Galiza-León e Castela-Toledo (1126-57), chamado O Emperador.[1] Trátase dunha crónica cortesana, xa que centra a súa atención nos acontecementos da corte real, aínda que tamén contén abundante información sobre outros feitos da época.[2]
Xunto coa Crónica najerense, a Crónica silense e a Historia Compostellana, é un dos anais máis importantes para o coñecemento da historia da Alta Idade Media da Península Ibérica.
A Chronica Adefonse Imperatiris tamén contén un texto de interese literario, o Poema de Almería, poema épico en latín escrito entre 1147 e 1149 que alude, entre outros destacados guerreiros da súa época, ao Cid e Álvar Fáñez[3]:
“ | Ipse Rodericus, Meo Cidi saepe vocatus de quo cantatur quod ab hostibus haud superatur qui domuit Mauros, comites domuit quoque nostros, hunc extollebat, se laude minore ferebat. Sed fateor verum, quod tollet nulla dierum: Meo Cidi primus fuit Alvarus atque secundus. |
” |