Chrysolepis | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Chrysolepis chrysophylla | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
|
Chrysolepis é un pequeno xénero de plantas pertencente á familia das fagáceas, endémico do oeste dos Estados Unidos, desde Washington até o sur de California.[1]
Son árbores e arbustos perennifolios con follas simples, enteiras, cunha densa capa de escamas douradas na superficie inferior do limbo (revés) e unha capa máis fina na superior (face). Estas follas mantéñense na planta durante 3 ou 4 anos. O froito é unha cápsula espiñenta que contén tres froitos secos comestíbeis.[2]
Diferénciase do xénero Castanea en que os seus froitos tardan 14-15 meses en maduraren (3-5 meses nas castañas).
O xénero foi descrito en 1948 polo botánico sueco Karl Jesper Hakon Hjelmquist, e publicado en Botaniska Notiser, Supplement 2 (1): 117.[3]
A especie tipo é Chrysolepis chrysophylla.
O nome científico Chrysolepis está formado pola unión dos elementos do latín científico chryso- e -lepis, tirados, respectivamente, dos termos do grego antigo χρυσός chrysós, "ouro", e λεπίς lepís, "escama", en referencia as escamas amarelas destas plantas.[2]
O xénero conta con dúas especies aceptadas:[2][4]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chrysolepis |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Chrysolepis |