Ciega a citas | |
---|---|
Xénero | Telenovela, comedia |
País de orixe | España Andorra |
Lingua(s) | Castelán |
Temporadas | 2 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Mediaset España Comunicación Big Bang Media |
Duración | 40 - 50 minutos (aprox.) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Cuatro |
Primeiro episodio | 10 de marzo de 2014 |
Derradeiro episodio | actualidade |
Na rede | |
http://www.cuatro.com/ciegaacitas/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ciega a citas é unha serie de televisión española, producida por Mediaset España Comunicación en colaboración con Big Bang Media para a súa emisión en Cuatro.[1] A estrea da ficción foi o 10 de marzo de 2014,[2] e está inspirada na telenovela arxentina do mesmo nome. Está protagonizada por Teresa Hurtado e Álex Gaeda. O período do verán da serie baixou considerábelmente en espectadores e foi prexudicada polo seu principal rival, Zapeando, polo que a canle decidiu non renovar a serie por unha terceira tempada.[3]
Ciega a citas conta a historia de Lucía (Teresa Hurtado), que ten 30 anos, fica solteira, ten un traballo de periodista onde non se sente valorada, sobrepeso e unha irmá máis nova por parte de nai, Irene (Arancha Martí), que non só é perfecta senón que está a piques de casar. Cando anuncia á nova, a súa nai, Maruchi (Elena Irurieta) fai unha aposta con Irene: Se Lucía non chega soa, gorda e vestida de negro ao día da voda, mentres fan a aposta, Lucía escóitaas, e entón ela aposta coa súa nai que se ela chega á voda con mozo, cuns quilos menos e sen vestir de negro quedarase coa casa da avoa, e aí comezan as súas desventuras de 275 días para conseguir un mozo que a acompañe á voda.[4][5]
Temp. | Capítulos | Estrea | Final | Audiencia media | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Espectadores | Cota | ||||||
1 | 60 | 10 de marzo de 2014 | 3 de xuño de 2014 | 840 000 | 6,8% | ||
2 | 60 | 4 de xuño de 2014 | 28 de agosto de 2014 | non dispoñíbel | non dispoñíbel | ||
Total | 2014 | 2014 | non dispoñíbel | non dispoñíbel |