Circuíto de Dijon-Prenois

Circuíto de Dijon-Prenois
Plano do Circuíto
Esquema do circuíto; o trazado curto móstrase en gris
Datos
Carreiras
Localización Francia Dijon, Francia
Lonxitude 3,801 km
Curvas 8
Volta rápida (1984) 1:05.257
Piloto récord Alain Prost
Escudería récord McLaren
Coordenadas
Vista do Circuíto
Vista

O Circuíto de Dijon-Prenois é un autódromo situado preto de Dijon, Francia. O Gran Premio de Francia de Fórmula 1 disputouse neste circuíto nas tempadas 1974, 1977, 1979, 1981 e 1984; tamén albergou ao Gran Premio de Suíza de 1982. A Scuderia Ferrari non logrou vencer en ningunha das seis carreiras.

O trazado orixinal de 3.289 metros foi inaugurado o 26 de maio de 1972. Debido a que os baixos tempos de volta no Gran Premio de Francia de 1974 causaban conxestións entre os atrasados e os punteiros, agregouse unha extensión no ano 1975 para alcanzar os 3.801 metros finais.

A vitoria de Jean-Pierre Jabouille no Gran Premio de Francia de 1979 ao volante dun Renault F1 supuxo a primeira vitoria dun motor sobrealimentado e a primeira dese equipo. Ademais, logrouna un piloto francés cun automóbil francés, pneumáticos franceses (Michelin) e combustible francés (Elf Aquitaine). Nesa mesma carreira, o canadense Gilles Villeneuve e o francés René Arnoux disputaron ferozmente a segunda posición durante varias voltas.

Na actualidade, Dijon-Prenois alberga datas de campionatos franceses de gran turismos, motociclismo e Fórmula 3, así como carreiras de automóbiles históricos.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Dijon-Prenois

[editar | editar a fonte]
Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1974 Ronnie Peterson Lotus-Ford 1:21:55,020 h 3´289 km 80 192´722 km/h 7 de xullo Francia Francia
1977 Mario Andretti Lotus-Ford 1:39:40,130 h 3´800 km 80 183´006 km/h 3 de xullo
1979 Francia Jean-Pierre Jabouille Renault 1:35:20,420 h 3´800 km 80 191´315 km/h 1 de xullo
1981 Francia Alain Prost Renault 1:35:48,130 h 3´800 km 80 190´392 km/h 5 de xullo
1982 Finlandia Keke Rosberg Williams-Ford 1:32:41,087 h 3´800 km 80 196´796 km/h 29 de agosto Suíza Suíza
1984 Austria Niki Lauda McLaren-TAG-Porsche 1:31:11,951 h 3´887 km 79 202´024 km/h 20 de maio Francia Francia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]