Guadalajara | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Club Deportivo Guadalajara S.A.D. | |||
Alcume(s) | Dépor; Guada | |||
Fundación | 4 de xaneiro de 1947 (77 anos) | |||
Estadio | Pedro Escartín, Guadalaxara, España | |||
Inauguración | 1 de abril de 1970 | |||
Capacidade | 6.000 | |||
Presidente | Carlos Ávila | |||
Adestrador | Pere Martí | |||
Liga | 2ª RFEF – Grupo 5 | |||
2023–24 | 10.º (2ªRFEF – Grupo 5) | |||
Na rede | ||||
http://www.cdguadalajara.es/ | ||||
| ||||
O Club Deportivo Guadalajara é un club de fútbol español, da cidade de Guadalaxara. Foi fundado en 1947 e actualmente compite na Terceira División.
Foi fundado o 30 de xaneiro de 1947, inscribiuse na Federación Castelá de Fútbol o 5 de febreiro dese mesmo ano. O primeiro partido oficial que xogou o Deportivo Guadalajara foi o 26 de xaneiro de 1947, contra o Ávila, no campionato de afeccionados, cultivando un resultado positivo de 2-1. O día 1 de abril de 1970 inaugurouse o campo no que aínda xoga, denominado Pedro Escartín. O himno oficial do Deportivo Guadalajara, composto polo mestre Luís Posadas, presentouse o 18 de xullo de 1985, na primeira rolda da Copa do Rei disputada contra o Rayo Vallecano.
Na tempada 1986/1987, o club queda encadrado no grupo XVIII da Terceira División debido á división de comunidades. A de Guadalaxara foi a única provincia española (ata a tempada 2007-08) que nunca tivo un equipo polo menos en Segunda B. En múltiples ocasións xogou a liguiña de ascenso á Segunda División B, non conseguindo ascender ata a tempada 2006/2007 cando conseguiu o ascenso o día 24 de xuño de 2007 no último partido de promoción contra Las Palmas B pasando a eliminatoria cunha vitoria en casa (2-1) e un empate (1-1) no Estadio Pepe Gonçalvez de As Palmas de Gran Canaria.
Dous xogadores, que posteriormente se fixeron famosos e que chegaron a internacionais na década dos 60, vestiron a súa camiseta: Isacio Calleja e Carlos Lapetra.
Na tempada 2010-11 consegue un histórico ascenso a Segunda División Española.
O 10 de marzo de 2012 consegue a maior entrada da historia no seu estadio "Pedro Escartín" ao recibir ao Deportivo da Coruña, que naquel momento era o líder da categoría[1].
O actual campo de fútbol é o Pedro Escartín, con capacidade para 6000 espectadores. Atópase situado na rúa Julián Besteiro, con accesos por esta rúa, en Guadalaxara.
Ten este nome en honra a Pedro Escartín Morán (Madrid, 8 de agosto de 1902 - Majadahonda, 21 de maio de 1998) que foi foi xogador, árbitro, e adestrador de fútbol español, ademais de xornalista e escritor.
|
|