Nome | Club Deportivo Palencia Balompié | ||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Dépor | ||
Fundación | 2011 | ||
Desaparición | 2019 | ||
Estadio | Nueva Balastera, Palencia, España ![]() | ||
Inauguración | 2006 | ||
Capacidade | 8.100 | ||
|
O Club Deportivo Palencia Balompié foi un equipo de fútbol español da cidade de Palencia. Fundouse en 2011 e desapareceu en 2019.
O equipo fundouse en 2011 por parte de afeccionados que non estaban de acordo coa conversión do Club de Fútbol Palencia en sociedade anónima deportiva. Tomou o nome de Club Deportivo Palencia como o primeiro equipo de fútbol fundado na cidade en 1929.
O 21 de xuño de 2014, o Palencia sobe a Terceira División grazas ao ascenso do Atlético Astorga e do Real Valladolid B a Segunda B.
Na súa primeira tempada en Terceira o equipo acaba en terceira posición, xogando a promoción de ascenso a Segunda División B, na que cae eliminado en segunda rolda polo Atlético Levante. Na seguinte tempada acada novamente a terceira posición e ascende a Segunda B despois de eliminar na promoción a Loja CD, SD Logroñés e Deportivo Aragón.
Tempada | Categoría | Posición |
---|---|---|
2011–12 | Provincial | 2º |
2012–13 | 1ª Rexional | 7º |
2013–14 | 1ª Rexional | 3º |
2014–15 | 3ª | 3º |
2015–16 | 3ª | 3º |
2016–17 | 2ªB |