Codex Zouche-Nuttall | |
---|---|
Autor/a | Descoñecido |
Ilustrador/a | Descoñecido |
Orixe | Cultura mixteca. Actualmente conservado en Inglaterra. |
Colección | Códice mixteca, en posesión do Brittish Museum |
Formato | Leporello |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Codex Nuttall, tamén coñecido como Codex Zouche-Nuttall é un dos manuscritos iluminados precolombianos superviventes dos mixtecas, probabelmente do século XIV.
O códice é un libro acordeón ou Leporello de 96 páxinas e aproximadamente 11 metros de lonxitude, feito de pel de cervo, cuberto cunha capa de xeso pulido e pintado por ambas as caras con pictogramas e ideogramas en 86 páxinas utilizando pigmentos vexetais e minerais. Os laterais miden 25,5 cm de ancho e 19 cm de alto.
O códice procede da zona da actual Oaxaca en México. En 1519, Hernán Cortés enviou dous libros dos indios (“Dos libros de los que tienen los yndios”) ao rei Carlos V, un dos cales crese que é o Codex Nuttall.
O códice foi atopado de novo en 1854 no mosteiro de San Marco en Florencia.[1] En 1917 o Museo Británico de Londres adquiriu o códice (Add. Mss. 39671), que está baixo o control da Biblioteca Británica desde 1973.[2]
O códice contén unha historiografía dinástica coa que se poden trazar liñas de gobernantes ao longo de varios séculos.== Notas ==