Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.131 (2013) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 79,56 km² ![]() | ||||
Altitude | 389 m ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Disolución | 7 de xuño de 2013 ![]() | ||||
Sucedido por | Oza-Cesuras ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15391 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15026 ![]() | ||||
Cesuras foi un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. O 6 de xuño de 2013 a Xunta de Galicia aprobou o decreto da fusión do concello co de Oza dos Ríos polo que se creou o concello de Oza-Cesuras.[1]
Segundo o IGE en 2013 tiña 2131 habitantes (2174 no 2012, 2225 no 2011, 2209 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cesurán».
O concello tiña 79,46 km², repartidos en trece parroquias. Limitaba ao norte co Concello de Oza dos Ríos, ao sur con Mesía, ao leste, con Curtis e ao oeste con Abegondo.
Estaba formado fundamentalmente por terras de montaña, aínda que contaba tamén con outeiros e chans fértiles cun clima morno e de boa ventilación. Os cumios máis importantes eran os montes de Seixas, San Gregorio, Alto da Espenuca, Montouro, Montevello e o Pico de Medela. Entre os seus vales, destacaba o de Filgueira de Barranca.
O Mero, que nace na Tieira (Borrifáns) e vai cara ao sur, servía de límite natural polo oeste con Abegondo.
O río Mendo nace nas proximidades da Illana (Curtis), percorrendo o concello polas parroquias de Filgueira de Barranca, Bragade e Trasanquelos, indo cara a Oza dos Ríos. Ao seu paso por Bragade recibe o nome de río da Forcada. En Soxal está situado o muíño de Forcada, restaurado. Máis abaixo está o encoro de Buxía (antigo salto de corrente eléctrica), o muíño de Delgado (abandonado), e en Trasanquelos, no cruzamento da estrada a Curtis, o muíño de Buxía.
O río Corbeiro, afluente do Mero, nace en Dordaño (Os Leiros e Castelo). O río de Fornelos, afluente do Mendo, nace nos altos de Trasanquelos.
Evolución da poboación de Concello de Cesuras Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4989 | 5572 | 6408 | 3740 | 2463 | 2219 | 2225 | 2174 | 2131 | ||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Conserva Cesuras castros que falan de vellos asentamentos, se ben a súa historia comeza a singularizarse a partir da época cristiá, ó estar rodeadas estas terras de importantes mosteiros coma o de Sobrado dos Monxes ou San Salvador de Cinés, que exercen xurisdición sobre elas. Logo dos mosteiro virá o tempo dos señorios, Andrade e Traba repartirán este territorio.
En febreiro de 1809, a xente das parroquias de Carres, Cesuras, Mandaio, Trasanquelos,Loureda e Dordaño, movida polos párrocos, fai desaparecer dous escuadróns do tren de artilleria do sexto corpo do exército francés que ocupaba Galiza baixo o mando do mariscal Ney. Os soldados son soterrados nun piñeiral e o equipamento enviado ó marqués da romana que organizaba exército en Portugal. Só se salvou un cabo que dá conta do feito, provocando a represión sobre os homes e as mulleres das aldeas.[2][3]
Esta foi terra de acción da IV agrupación do exército guerrilleiro de Galiza, até a súa desaparición en 1947.
En marzo de 2012 iniciou un proceso de fusión xunto ao veciño concello de Oza dos Ríos[4].
O 11 de xaneiro de 2013 o Concello de Cesuras aprobou en pleno da corporación municipal a súa fusión co Concello de Oza dos Ríos[5]. O 22 de febreiro a Deputación da Coruña e o 6 de xuño de 2013 a Xunta de Galicia aprobou o decreto da fusión dos concellos de Cesuras e Oza dos Ríos polo que se creou o concello de Oza-Cesuras.[1]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Concello de Cesuras ![]() |