Nome completo | Connaught Engineering |
---|---|
Bandeira | |
Baseada en | Send, Surrey, Inglaterra |
Tempadas en activo | 8 (1952-1959) |
Número de pilotos | Stuart Lewis-Evans Stirling Moss |
Debut | Gran Premio do Reino Unido de 1952 |
Carreiras | 18 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | |
Derradeiro GP | Gran Premio dos Estados Unidos de 1959 |
Connaught Engineering, coñecido simplemente como Connaught, foi un equipo e construtor de Fórmula 1 e autos deportivos do Reino Unido. Os seus coches participaron en 18 Grandes Premios, participando nun total de 52 carreiras cos seus Tipos A, B e C de Fórmula 2 e coches de Fórmula 1. Lograron 1 "podio" e anotaron 17 puntos no campionato. O nome Connaught é un xogo de palabras de Continental Autos, o garaxe en Send, Surrey, especialista na venda e reparación de automóbiles deportivos europeos como Bugatti , e no que foron construídos os coches.
En 1950 os primeiros monoprazas, os Fórmula 2 tipo "A", utilizaron un motor que foi desenvolvido por Connaught do motor Lea-Francis utilizado nos seus coches deportivos tipo "L". O motor foi redeseñado totalmente e polo tanto é un verdadeiro motor Connaught. Os coches tiñan a construción convencional da época accionado a través dunha caixa de cambios de preselección a un eixe traseiro de Dion. En 1952 e 1953 as carreiras do Campionato do Mundo seguían as regras da Fórmula 2 polo que os pilotos destes coches podían participar nesas carreiras.
Connaught deseñou un novo coche de Fórmula 1 de 2½ litros para 1954, que ía ter un motor Coventry Climax V8 montado atrás (o "Godiva"), pero o motor non se desenvolveu, e finalmente montouse un motor Alta desenvolvido de 2½ litros. Os primeiros coches foron construídos con cunha carrozaría aerodinámica envolvente, pero máis tarde redeseñouse cunha carrozaría convencional (como mostran as fotos de abaixo). En 1955, pilotando un Connaught, Tony Brooks logrou a primeira vitoria nun Gran Premio dun piloto británico nun coche británico desde 1923, nunha carreira non puntuable para o Campionato Mundial en Syracuse. A partir de entón o tipo "B" foi coñecido como o Connaught "Syracuse" e o nome foi utilizado para o coche presentado no reestreo en 2004.
En 1962, Jack Fairman intentou clasificarse para a 500 Millas de Indianápolis nun coche de carreiras Connaught, pero non logrou atopar a velocidade necesaria para clasificarse.
Antes dos coches de competición dun só asento, Connaught construíu unha pequena cantidade de coches deportivos de estrada desenvolvidos sobre un chasis deportivo Lea-Francis, que logrou un éxito considerable na competición. Eran os tipo L2 e L3. Dous coches deportivos, baseados nos coches tipo A de Fórmula 2, os ALSR tamén foron construídos para correr en competición.
En 2004, o nome de Connaught foi revivido por Connaught Motor Company para o seu tipo D Siracusa e o superdeportivo híbrido tipo DH.
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
*O Campionato de onstrutore non se celebrou ata 1958
± = Indican coche compartido
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Connaught Engineering |