Conservatorio Real de Bruxelas

Conservatorio Real de Bruxelas
Tipoconservatorio
Data de fundación1813
Data de disolución9 de setembro de 1966
Fundador(es)François-Joseph Fétis
Premiosroyal society
EnBruxelas
PaísPrimeiro Imperio Francés, Reino Unido dos Países Baixos e Bélxica
50°50′20″N 4°21′23″L / 50.839, 4.3565
editar datos en Wikidata ]

O Conservatoire royal de Bruxelles é un centro de ensino de música situado en Bruxelas (Bélxica). Con actividade dende o primeiro imperio (1813), recibiu este título oficial en 1832. É dende aquela época a principal e a máis importante escola de música e das artes vogais de Bélxica. Mestres como François-Joseph Fétis, primeiro director do Conservatorio, François-Auguste Gevaert ou Joseph Jongen déronlle o rango que ocupa. Inicialmente instalado no pazo da familia Thurn und Taxis, os edificios que ocupa actualemente, son obra do arquitecto Jean-Pierre Cluysenaar e foron edificados entre 1872 e 1876.

1967 foi o ano da separación en dúas institucións lingüísticas autónomas, o « Conservatoire Royal de Bruxelles » actualmente baixo a dirección de Frédéric de Roos e o « Koninklijk Conservatorium Brussel », baixo a dirección de Peter Swinnen. As dúas institucións repártense o mantemento dos edificios e teñen unha intensa colaboración.

Con profesores de gran renome, moitos dos seus alumnos, chegados de todo o mundo, adquiriron unha gran notoriedade.

En 1877 decidiuse achegar ao Conservatorio un museo de instrumentos de música para permitir aos estudantes coñecer mellor os instrumentos. Así vai nacer o Museo de instrumentos de música de Bruxelas.

Personalidades

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]