Contra (homónimos)

Contra pode designar:

  • contra, unha preposición que pode designar "En oposición a", tanto no sentido material coma no inmaterial (Dixo duras palabras contra o seu inimigo. Facer algo contra os seus desexos); "Na proximidade temporal" (Chegar contra as nove); "En dirección a" (Pon os libros contra ese lado); posición dunha cousa en contacto con outra que está en sentido vertical. Apóiate contra a parede.[1]
  • contra, un substantivo Circunstancia desfavorable ou contraria para a realización de certa cousa. Analizar os contras dunha empresa arriscada.
  • contra-, prefixo que indica oposición (por exemplo en contracepción, contrarreforma...)
  • contra, ou contraventá, porta pequena que se pon detrás das xanelas para impedir o paso da luz.
  • Contra (1979-1990), grupo político-militar nicaraguano apoiado pola CIA, que actuou como guerrilla contra o goberno do FSLN; provén do nome contrarrevolucionarios.
  • Escándalo Irán-Contra (1985-1986), escándalo político nos Estados Unidos durante o goberno de Ronald Reagan pola venda ilegal de armas a Irán para financiar os Contras nicaragüenses;
  • Contra (1987), unha saga de videoxogos de Konami;
  • Contra 2.5 (2001-2006), un antigo programa da MTV;
  • Contra (2009), o segundo disco da banda Vampire Weekend;
  • Cosmin Contra, un exfutbolista romanés.

Notas

  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-01.