Coroa austríaca

Para outras moedas coa denominación de "coroa", véxase a páxina de homónimos Coroa (moeda).

Coroa austríaca †
österreichische Krone
en alemán
Ámbito:Austria Austria
Liechtenstein Liechtenstein
Fracción:Heller.
Moedas:100, 200 e 1.000 coroas.
Billetes:1, 2, 10, 20, 100, 1.000, 5.000, 10.000, 50.000, 100.000 e 500.000 coroas.
Emisor:- Oesterreichisch-ungarische Bank.
- Oesterreichische Nationalbank.

A coroa austríaca (en alemán: österreichische Krone) foi a unidade monetaria de Austria (naquel momento chamada Deutschösterreich –"Austria Alemá"–) e do Principado de Liechtenstein (en paralelo á coroa de Liechtenstein), logo da disolución do Imperio Austrohúngaro (1918). En Austria mantívose vixente ata a introdución do xilin en 1925, en tanto que Liechtenstein a abandonou en 1921, cando adoptou o franco suízo.

As moedas cuñáronse nos mesmos metais e coas mesmas características métricas que as correspondentes ás anteriores series de coroas austrohúngaras.

Para facilitar a introdución da nova moeda emitíronse moedas de 100, 200 e 1.000 coroas inmediatamente antes de 1925, que tiñan características similares ás das moedas fraccionarias equivalentes que as substituíron (de un, dous e dez groschen).[1]

Anverso Reverso Valor Diámetro Grosor Peso Aliaxe Canto Gravador Datas Tiraxe
100 coroas [2] 17 mm 1 mm 1,666 Cobre/estaño/cinc 950/40/10 Liso Heinrich Zita 1923

1924

5.603.680

43.813.820

200 coroas [3] 19 mm 1,5 mm 3,33 Cobre/estaño/cinc 950/40/10 Liso Filip Häuslerr 1924 57.160.000
1.000 coroas [4] 22 mm 1,5 mm 4,5 Cobre/níquel 750/250 Liso Heinrich Zita 1924 72.353.000

Billetes sobreestampados do Banco Austrohúngaro

[editar | editar a fonte]

Consonte o Tratado de Saint-Germain-en-Laye, a República de Austria, do mesmo xeito que os demais estados xurdidos da desintegración do Imperio Austrohúngaro, tivo a obriga de sobreimprimir o papel moeda imperial que circulaba no seu territorio, para o oficializar como de curso legal no novo Estado, con carácter provisional e como paso previo á implantación dunha nova moeda nacional.[5]

En cumprimento deste compromiso, en 1919 sobreestampáronse os billetes do Imperio Austrohúngaro en circulación coa inscrición DEUTSCHÖSTERREICH e emitíronse novos billetes que os reproducían exactamente.[6][7]

Reselo DEUTSCHÖSTERREICH

[editar | editar a fonte]
Billetes sobreestampados con «DEUTSCHÖSTERREICH »
Imaxes do anverso e do reverso Valor nominal Data da estampaxe (non expresa) Dimensións Deseñadores
1 coroa 9 de xaneiro de 1920 113 × 68 mm Hans Schramm,

Rudolf Rössler,

Rudolf Junk

2 coroas 9 de xaneiro de 1920 125 × 83 mm Hans Schramm,Rudolf Rössler,Rudolf Junk
10 coroas 12 de marzo de 1920 150 × 80 mm Josef Pfeiffer
20 coroas 12 de marzo de 1920 150 × 90 mm Josef Pfeiffer
50 coroas 12 de marzo de 1920 160 × 100 mm Josef Pfeiffer
100 coroas 12 de marzo de 1920 163 × 108 mm Josef Pfeiffer
1.000 coroas 12 de marzo de 1920 192 × 128 mm Rudolf Rössler,Heinrich Lefler
10.000 coroas 1920 192 × 128 mm Rudolf Rössler,Heinrich Lefler

Reselo «Ausgegeben nach dem 4. Oktober 1920»

[editar | editar a fonte]

A partir de 1920, apareceu nos billetes un novo reselo: «Ausgegeben nach dem 4. Oktober 1920» ("Expedido despois do 4 de outubro de 1920").[6][7]

Billetes sobreestampados con «Ausgegeben nach dem 4. Oktober 1920»
Imaxes do anverso e do reverso Valor nominal Data de estampaxe

(non expresa)

Dimensións Deseñadores
1 coroa 21 de outubro de 1920 113 × 68 mm Hans Schramm,

Rudolf Rössler,

Rudolf Junk

2 coroas 21 de outubro de 1920 125 × 83 mm Hans Schramm,

Rudolf Rössler,

Rudolf Junk

10 coroas 21 de outubro de 1920 150 × 80 mm Josef Pfeiffer
20 coroas 21 de outubro de 1920 150 × 90 mm Josef Pfeiffer
50 coroas 21 de outubro de 1920 160 × 100 mm Josef Pfeiffer
100 coroas 21 de outubro de 1920 163 × 108 mm Josef Pfeiffer
1.000 coroas 21 de outubro de 1920 192 × 128 mm Rudolf Rössler,

Heinrich Lefler

Billetes propios a nome do Banco Austrohúngaro

[editar | editar a fonte]

En 1922 introduciuse unha nova serie de billetes cun deseño completamente novo para cumprir o segundo paso do proceso, superando a fase da reestampaxe do circulante anterior. A serie contiña billetes cos seguintes valores: 1, 2, 10, 20, 100, 1.000, 5.000, 20.000, 100.000 e 500.000 coroas.[7][8]

Esta serie continuaba a ser emitida en nome do banco imperial (o Oesterreichisch-ungarische Bank), aínda que os billetes tiñan ambas as faces en lingua alemá (durante o imperio alternaban unha en alemán e outra en húngaro).[7]

Billetes a nome do Banco Austrohúngaro
Imaxes do anverso e do reverso Valor nominal Data de emisión Dimensións Deseñadores
1 coroa [9] 2 de xaneiro de 1922 76 × 56 mm Rudolf Junk
2 coroas [10] 2 de xaneiro de 1922 82 × 60 mm Rudolf Junk, Rudolf Rössler
10 coroas [11] 2 de xaneiro de 1922 94 × 70 mm Rudolf Junk, Rudolf Rössler
20 coroas [12] 2 de xaneiro de 1922 100 × 74 mm Rudolf Junk, Rudolf Rössler
100 coroas [13] 2 de xaneiro de 1922 107 × 79 mm Rudolf Junk, Rudolf Rössler
1.000 coroas [14] 2 de xaneiro de 1922 116 × 86 mm Rudolf Junk, Rudolf Rössler
5.000 coroas [15] 2 de xaneiro de 1922 193 × 106 mm Hans Schramm,

Rudolf Junk

50.000 coroas [16] 2 de xaneiro de 1922 193 × 106 mm Hans Schramm,

Rudolf Junk

100.000 coroas [17] 2 de xaneiro de 1922 195 × 132 mm Hans Schramm,

Rudolf Junk

500.000 coroas [18] 20 de setembro de 1922 198 × 107 mm Karl Sterrer,

Rudolf Junk

Billetes do Banco Nacional de Austria

[editar | editar a fonte]

En 1924 completouse a serie de valores anterior coa emisión de billetes de 10.000 coroas. A autoridade emisora deste billete xa non foi o banco imperial, senón o novo Banco Nacional Austríaco (Oesterreichische Nationalbank), que se acababa de crear.[19]

Tamén se considerou a emisión dun billete dun millón de coroas, do que se chegaron a imprimir probas, aínda que o proxecto non prosperou.[20]

O billete de 10.000 coroas foi o único emitido polo Banco Nacional de Austria, xa que, como paso definitivo para cumprir os acordos do Tratado de Saint-Germain-en-Laye, en 1925 abandonouse a moeda herdada do Imperio Austrohúngaro e introduciuse na súa substitución unha nova moeda nacional: o xilin austríaco.

Billetes do Banco Nacional de Austria
Imaxes do anverso e do reverso Valor nominal Data de emisión Dimensións Deseñador
10.000 coroas [21] 2 de xaneiro de 1924 126 × 79 mm Rudolf Junk
1.000.000 coroas

(non emitido) [20]

1 de xullo de 1924 193 × 93 mm Rudolf Junk,Karl Sterrer
  1. Cuhaj G. S. et al. (2011). Páxinas 123-124.
  2. "100 Kronen". Numista.
  3. "2 00 Kronen". Numista.
  4. "1000 kronen". Numista.
  5. "Treaty of Peace between the Allied and Associated Powers and Austria". Australian Treaty Series.
  6. 6,0 6,1 "Austria - Oesterreichisch-ungarische Bank".Banknotes.ws
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 "Liste der österreichischen Kronen-Banknoten". Austria-Forum.
  8. "Austria - Oesterreichische Nationalbank". Banknotes.ws
  9. "1 krone". Banknote.ws
  10. "2 kronen". Banknote.ws
  11. "10 kronen". Banknote.ws
  12. "20 kronen". Banknote.ws
  13. "100 kronen". Banknote.ws
  14. "1.000 kronen". Banknote.ws
  15. "5.000 kronen". Banknote.ws
  16. "50.000 kronen". Banknote.ws
  17. "100.000 kronen". Banknote.ws
  18. "500.000 kronen". Banknote.ws
  19. Cuhaj G. S. et al. (2008). Páxinas 89-92.
  20. 20,0 20,1 "1.000.000 kronen". Banknote.ws
  21. "10.000 kronen". Bannknote.ws

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]