Cova do Cavallone

Modelo:Xeografía físicaCova do Cavallone
Imaxe
Tipocova turística Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaTaranta Peligna, Italia e Lama dei Peligni, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°02′20″N 14°09′17″L / 42.0389, 14.1547
Historia
Data de descuberta ou invención1704 Editar o valor en Wikidata

Páxina webgrottedelcavallone.it Editar o valor en Wikidata

A cova do Cavallone (en italiano Grotta del Cavallone ou Grotta della Figlia di Jorio) é unha cavidade subterránea italiana situada nas proximidades de Lama dei Peligni, na provincia de Chieti, rexión dos Abruzos. Aberta nos meses de verán cunha cota de admisión, a súa primeira exploración data de 1704.

Situación

[editar | editar a fonte]

A caverna atópase nas montañas do Parque Nacional da Majella e accédese a ela a través dun teleférico, que salva unha altura duns 550 metros. A base do teleférico está en Taranta Peligna, no quilómetro 27 da estrada S.P. 84.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A cova é de 10-20 metros de ancho e case a mesma altura todo o tempo, con numerosas espeleotemas incluíndo estalagmitas, travertinos e piscinas de gours. Conta con iluminación eléctrica, con carreiros, pasos moi concretos e pontes de ferro.

Os primeiros datos de exploración e documentación da cova son de 1704, a cargo de Jacinto De Simeonibus. Foi utilizada como refuxio durante a segunda guerra mundial, no período comprendido entre decembro de 1943 e febreiro de 1944 (aínda hoxe poden verse as firmas dos refuxiados dentro da cavidade). Foi novamente explorada nos anos 1950.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]