Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1945 (78/79 anos) Arenys de Mar, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Período de actividade | 1980 - |
Lingua | Lingua castelá e lingua catalá |
Participou en | |
20 de xuño de 1998 | For a new model of Catalonia (en) |
30 de abril de 1997 | Documento sobre o uso das linguas oficiais de Cataluña |
Familia | |
Cónxuxe | Carlos Trías Sagnier |
Premios
| |
Cristina Fernández Cubas, nada en Arenys de Mar (provincia de Barcelona) en 1945, é unha escritora e xornalista española, unha das máis destacadas cultivadoras do relato breve na literatura española das décadas de 1990 e 2000.
Estudou Dereito en Barcelona, e Xornalismo en Madrid, profesión esta última que exerceu desde moi nova.[1] Casada co escritor Carlos Trías Sagnier. Residiu, entre outras cidades, no Cairo, Lima, Buenos Aires, París e Berlín.[2]
Publicou o seu primeiro volume de contos, Mi hermana Elba, en 1980, ao que lle seguiron outros: Los altillos de Brumal (1983), El ángulo del horror (1990), Con Ágatha en Istambul (1994), Parientes pobres del diablo (2006), 'Todos los cuentos (2009).[3][4]
É tamén autora de novelas —El año de Gracia e El columpio—, unha obra de teatro —Hermanas de sangre— e un libro de memorias narradas, Cosas que ya no existen (2001), recuperado en 2011 por Tusquets Editores. A súa novela El año de Gracia inspirou o compositor Albert Sardá a ópera do mesmo nome, estreada en Alacant en setembro de 1992 no VII Festival de Música Contemporánea, dirixida por Joan Lluis Bozzo.
En 2013 decidiu utilizar o pseudónimo de Fernanda Kubbs para a súa novela La puerta entreabierta, sobre unha xornalista escéptica que ao visitar unha vidente sofre unha transformación inesperada.[5]
Fernández Cubas válese dos modelos da narración fantástica para enfrontar os seus personaxes -principalmente femininos- a unhas atmosferas inquietantes, plenas de suxestións, un xogo no que o lector é parte activa do desciframento das claves e dos silencios, do desvelamento das razóns últimas das psicoloxías e condutas.
A súa obra está traducida a dez idiomas.