Crocodilinos

Crocodilinos
Rango fósil: EocenoHoloceno
(desde hai 55 millóns de anos)

Crocodilo do Nilo (Crocodylus niloticus)

Crocodilo de auga salgada (Crocodylus porosus)
Crocodilo de auga salgada (Crocodylus porosus)

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Crocodilia
Familia: Crocodylidae
Subfamilia: Crocodylinae
Cuvier, 1807
Especie tipo
Crocodylus niloticus
Laurenti, 1768
Xéneros

Os crocodilinos (Crocodylinae) son unha subfamilia de réptiles acuáticos crocodilianos na que están incluídos as especies de crocodilos actuais e algunhas fósiles, os cales viven en zonas tropicais de África, Asia, Australia e América. É unha das dúas subfamilias nas que se pode dividir a familia Crocodylidae; a outra subfamilia é †Mekosuchinae, que só ten representantes fósiles (ás veces distínguese unha terceira subfamilia, Tomistominae, onde está incluído o falso gavial, pero actualmente as análises xenéticas aconsellan incluílo na familia Gavialidae). Os "verdadeiros" crocodilos son os que pertencen a esta subfamilia, pero, de todos modos, o termo crocodilo pode usarse en senso amplo e máis impreciso para designar a todos os crocodilianos. A familia inclúe o gran xénero Crocodylus e os xéneros máis pequenos en número de especies Osteolaemus e Mecistops (este último separado recentemente de Crocodylus), xunto con algúns xéneros fósiles.

O tamaño, morfoloxía, comportamento e ecoloxía dos crocodilinos difiren entre as especies, pero teñen tamén moitas similitudes. Todos son tetrápodos semiacuáticos e tenden a congregarse en hábitats de auga doce como ríos, lagos e zonas húmidas, ás veces en augas salobres ou salgadas, aínda que o mellor adaptado ás augas salgadas é a especie Crocodylus porosus. Son animais carnívoros que se alimentan principalmente de vertebrados como peixes, réptiles, aves e mamíferos, e ás veces de invertebrados como moluscos e crustáceos, dependendo da especie e idade. Todos os crocodilinos son tropicais e, a diferenza dos aligátores, son moi sensibles ao frío. Separáronse dos outros crocodilianos no Eoceno, hai uns 55 millóns de anos.[1] Moitas especies están en risco de extinción, e algunhas foron clasificadas como en perigo crítico.

Distribución dos crocodilos e Tomistoma

Recoñécense un total de 14 especies vivas, aínda se propuxo subdividir algunhas especies en varias distintas, especialmente no xénero Osteolaemus, que actualmente é monotípico, pero podería non selo segundo algunhas análises xenéticas. C. suchus separouse recentemente de C. niloticus nas clasificacións. Velaquí unha táboa que resume as súas características:

Nome das especies Imaxe Distribución Descrición/Comentarios
Crocodilo americano (Crocodylus acutus) Na cunca do Caribe, en moitas das illas caribeñas e no sur de Florida. Unha especie de tamaño grande, cunha cor agrisada e un prominente morro con forma de V. Prefiren augas salobres, pero tamén habitan tramos baixos dos ríos e verdadeiros ambientes mariños. Esta é unha das raras especies que mostra un comportamento regular de ir ao mar, que explica a gran distribución polo Caribe. Tamén se encontra en lagos hipersalinos como o Lago Enriquillo da República Dominicana, que ten unha das poboacións máis grandes da especie.[2] A dieta consiste principalmente en vertebrados terrestres e acuáticos. Clasificada como vulnerable, pero certas poboacións locais están baixo unha maior ameaza.
Crocodilo do Orinoco (Crocodylus intermedius) Colombia e Venezuela Unha especie grande cun fociño relativamente alongado e coloración marrón clara con marcas marróns escuras espalladas. Vive principalmente na cunca do Orinoco. Malia ter un fociño bastante estreito, depreda unha ampla variedade de vertebrados, incluíndo grandes mamíferos. É unha especie en perigo crítico.
Crocodilo australiano (Crocodylus johnsoni) Norte de Australia Unha especie menor cun fociño estreito e alongado. Ten unha coloración marrón clara con bandas máis escuras no corpo e cola. Vive nos ríos a considerable distancia do mar, para evitar as confrontacións cos crocodilos de auga salgada. Aliméntase principalmente de peixes e outros pequenos vertebrados.
Crocodilo de Filipinas (Crocodylus mindorensis) Endémico de Filipinas É unha especie relativmente pequena cun fociño bastante ancho. Ten unha pesada armadura dorsal e unha cor marrón dourada que escurece a medida que o animal madura. Prefire hábitats de auga doce e aliméntase dunha variedade de vertebrados de mediano e pequeno tamaño. Esta especie está en perigo crítico e é a especie de crocodilo máis gravemente ameazada.[3]
Crocodilo de Morelet ou mexicano (Crocodylus moreletii) Rexións atlánticas de México, Belize e Guatemala Un crocodilo de tamaño pequeno a medio cun fociño bastante ancho. Ten unha cor marrón agrisada escura e encóntrase na maioría dos hábitats de auga doce. Aliméntase de mamíferos, aves e réptiles. Está na lista de especies con status pouco preocupante.
Crocodilo do Nilo (Crocodylus niloticus) África subsahariana Unha especie grande e agresiva cun fociño ancho, especialmente en animais vellos. Ten unha coloración broncínea escura que escurece a medida que vai madurando. Vive nunha variedade de hábitats de auga doce pero tamén se encontra en augas salobres. É un superdepredador que pode comer un amplo conxunto de vertebrados africanos, incluíndo grandes ungulados e outros predadores.[4] A especie considérase en situación pouco preocupante.
Crocodilo de Nova Guinea (Crocodylus novaeguineae) A illa de Nova Guinea Unha pequena especie de crocodilo cunha cor marrón agrisada con marcas negras na cola. Os inmaturos teñen un fociño con forma de V máis estreito que se fai máis ancho a medida que maduran. Prefire hábitats de auga doce, aínda que é tolerante á auga mariña, para evitar a competición e predación polo crocodilo de auga salgada. Aliméntase de vertebrados pequenos ou medianos.
Crocodilo das marismas ou indio (Crocodylus palustris) O subcontinente indio e países que o rodean É un crocodilo de tamaño modesto cun fociño moi ancho e unha aparencia de aligátor. Ten unha cor gris escura a marrón con escudos alongados arredor do pescozo, polo que é unha especie cunha armadura considerablemente pesada. Prefire ríos de movemento lento, pantanos e lagos. Pode tamén encontrarse en pantanos costeiros pero evita áreas poboadas polo crocodilo de auga salgada.[5] Aliméntase dunha gran variedade de vertebrados.
Crocodilo de auga salgada (Crocodylus porosus) No sueste asiático, norte de Australia e augas circundantes O maior réptil vivo e o crocodilo máis agresivo. É unha especie cunha gran cabeza e ten un fociño relativamente ancho, especialmente canto máis vello. A coloración é amarela clara con bandas negras cando é novo pero verdoso escuro cando é adulto. Vive en augas salobres e ambientes mariños e tamén en tramos baixos dos ríos. Esta especie ten a maior área de distribución de todos os crocodilos. Espécimes que foron etiquetados mostraron un comportamento viaxeiro a longas distancias polo mar. É o superdepredador da súa área e depreda virtualmente a calquera animal do seu territorio que poida apañar. Está clasificado como pouco preocupante con varias poboacións en grande risco.[6]
Crocodilo cubano (Crocodylus rhombifer) Encóntrase só no pantano Zapata de Cuba É unha especie pequena pero extremadamente agresiva que prefire pantanos de auga doce.[7] A cor é brillante incluso como adultos e as escamas teñen unha aparencia "pavimentosa". É unha especie relativamente terrestre de locomoción áxil en terra, ás veces caza en terra. O fociño é ancho cunha mandíbula superior grosa e grandes dentes. As características únicas e o rexistro fósil indican que tiña unha dieta bastante especializada no pasado, depredando a megafauna daquel tempo, como os preguiceiros xigantes. Esta especie mostra ás veces un comportamento de caza en grupo, que puido ser a clave que explica a súa caza de grandes especies no pasado a pesar do seu pequeno tamaño.[8] Hoxe a maioría depreda vertebrados de pequeno e medio tamaño. Está en perigo crítico e a poboación que queda libre na natureza está ameazada pola hibridación.[9]
Crocodilo siamés (Crocodylus siamensis) Indonesia, Brunei, Malaisia do leste e sur de Indochina Un crocodilo bastante pequeno que prefire hábitats de auga doce. Ten un fociño relativamente ancho e verde de cor oliva a verde escura. Aliméntase de varios vertebrados de tamaño pequeno e medio. Considerado en perigo crítico, pero podería estar xa extinto na natureza, aínda que abunda ns granxas de crocodilos; status descoñecido.[10]
Crocodilo do deserto ou de África occidental (Crocodylus suchus) África occidental e central Estudos recentes revelaron que é unha especie distinta do máis grande crocodilo do Nilo (na que antes estaba incluído).[11][12] Ten un fociño lixeiramente máis estreito e é moito menor comparado co seu primo maior do Nilo.
Crocodilo de fociño delgado (Mecistops cataphractus,
antes Crocodylus cataphractus)
África Central e Occidental Unha especie de pequeno tamaño cun morro estreito e alongado que ata hai pouco estaba incluída dentro do xénero Crocodylus co nome C. cataphractus. Vive en hábitats de auga doce en bosques tropicais do continente.Os estudos xenéticos aconselan clasificalo nu xénero propio monotípico, Mecistops.[13] Aliméntase principalmente de peixes pero tamén outros vertebrados de medio e pequeno tamaño. Datos insuficientes sobre a súa conservación.
Crocodilo anano (Osteolaemus tetraspis) África occidental É o menor dos crocodilos. Pertence ao seu propio xéenro monotípico; pero novos estudos xenéticos indican que o xénero podería conter dúas ou tres especies.[14] Ten unha forte armadura e unha cor uniforme negra nos adultos, mentres que os individuos novos teñen un bandeado marrón máis claro. Vive nos bosques tropicais de África occidental. Aliméntase de pequenos vertebrados e grandes invertebrados acuáticos. É unha especie moi terrestre e mostra un comportamento de caza terrestre, especialmente de noite. Esta especie clasifícase como vulnerable.

O Tomistoma ou falso gavial desde hai pouco xa non se considera un crocodílido e clasifícase cos gaviais.

Filoxenia

[editar | editar a fonte]

O cladograma seguinte mostra o resultado da análise de trazos morfolóxicos feito en 2012 por Christopher A. Brochu e Glenn W. Storrs.[15] Moitas especies extintas de Crocodylus poderían representar diferentes xéneros. "Crocodylus" pigotti, por exemplo, foi situado no xénero recentemente creado Brochuchus en 2013.[16] C. suchus non foi incluído porue as súas codificacións morfolóxicas eran idéntidcas ás de C. niloticus. Porén, os autores suxiren que a falta de difernzas se debe á limitada mostraxe de espécimes, e consideran que as dúas especies son distintas. Esta análise atopou pouco apoio para considerar o clado Osteolaeminae.[15] Brochu nomeou Osteolaeminae en 2003 como subfamilia de Crocodylidae separándoa de Crocodylinae, pero o grupo foi desde entón clasificado dentro de Crocodylinae. Inclúe o xénero vivo Osteolaemus e as especies extintas Voay robustus e Rimasuchus lloydi.

 Crocodylinae 

"Crocodylus" pigotti

"Crocodylus" gariepensis

Euthecodon arambourgii

Euthecodon brumpti

Osteolaeminae

Rimasuchus lloydi

Voay robustus

Osteolaemus osborni

Osteolaemus tetraspis

Mecistops cataphractus

 Crocodylus 

C. checchiai

C. palaeindicus

C. anthropophagus

C. thorbjarnarsoni

C. niloticus

C. siamensis

C. palustris

C. porosus

C. johnsoni

C. mindorensis

C. novaeguineae

C. raninus

C. acutus

C. intermedius

C. rhombifer

C. moreletii

Unha análise de 2013 de Jack L. Conrad, Kirsten Jenkins, Thomas Lehmann e outros non apoia que os Osteolaeminae sexan un verdadeiro clado, senón que son un grupo parafilético que consta de dous clados máis pequenos. Chamaron informalmente estes clados "osteolaeminos" e "mecistopinos". Os "Osteolaeminos" inclúen Osteolaemus, Voay, Rimasuchus e Brochuchus, e os "mecistopinos" inclúen Mecistops e Euthecodon.[16]

  1. Buchanan, L.A. (2009). "Kambara taraina sp. nov (Crocodylia, Crocodyloidea), a new Eocene mekosuchine from Queensland, Australia, and a revision of the genus". Journal of Vertebrate Paleontology 29 (2): 473–486. doi:10.1671/039.029.0220. 
  2. "American Crocodiles, American Crocodile Pictures, American Crocodile Facts - National Geographic". Animals.nationalgeographic.com. 15 April 2013. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2010. Consultado o 25 April 2013. 
  3. (2011-09-06). "Pictures: Biggest Crocodile Ever Caught?". National Geographic Daily News.
  4. "IUCN-SSC Crocodile Specialist Group". Crocodilian.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2011. Consultado o 25 April 2013. 
  5. [1] Arquivado 23 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.. Crocodile Species List. Retrieved on 2013-04-13.
  6. "Crocodylus porosus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2011.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 1996. Consultado o 20 August 2011. 
  7. "Mark O'Shea - The Official Website". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2017. Consultado o 02 de setembro de 2017. 
  8. Alexander, Marc (1 January 2006). "Last of the Cuban crocodile?". Americas (English Edition) (Organization of American States). ISSN 0379-0940. Consultado o 9 July 2010. 
  9. "Hybrid Cuban-American Crocodiles on the Rise". 26 June 2011. 
  10. Simpson, Boyd; Bezuijen (2010). "Siamese Crocodile Crocodylus Siamensis" (PDF). Crocodiles. Third Edition. Consultado o 16 maio 2018. 
  11. Nile crocodile is two species, Nature.com
  12. Schmitz, A.; Mausfeld, P.; Hekkala, E.; Shine, T.; Nickel, H.; Amato, G. & Böhme, W. (2003). "Molecular evidence for species level divergence in African Nile crocodiles Crocodylus niloticus (Laurenti, 1786)". Comptes Rendus Palevol 2: 703–12. doi:10.1016/j.crpv.2003.07.002. 
  13. McAliley, Willis, Ray, White, Brochu & Densmore (2006). Are crocodiles really monophyletic?—Evidence for subdivisions from sequence and morphological data. Molecular Phylogenetics and Evolution 39: 16-32.
  14. Eaton, Mitchell J.; Andrew Martin; John Thorbjarnarson; George Amato (March 2009). "Species-level diversification of African dwarf crocodiles (Genus Osteolaemus): A geographic and phylogenetic perspective". Molecular Phylogenetics and Evolution 50 (3): 496–506. PMID 19056500. doi:10.1016/j.ympev.2008.11.009. 
  15. 15,0 15,1 Brochu, C. A.; Storrs, G. W. (2012). "A giant crocodile from the Plio-Pleistocene of Kenya, the phylogenetic relationships of Neogene African crocodylines, and the antiquity of Crocodylus in Africa". Journal of Vertebrate Paleontology 32 (3): 587–602. doi:10.1080/02724634.2012.652324. 
  16. 16,0 16,1 Conrad, J. L.; Jenkins, K.; Lehmann, T.; Manthi, F. K.; Peppe, D. J.; Nightingale, S.; Cossette, A.; Dunsworth, H. M.; Harcourt-Smith, W. E. H.; McNulty, K. P. (2013). "New specimens of "Crocodylus" pigotti (Crocodylidae) from Rusinga Island, Kenya, and generic reallocation of the species". Journal of Vertebrate Paleontology 33 (3): 629–646. doi:10.1080/02724634.2013.743404. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Iskandar, DT (2000). Turtles and Crocodiles of Insular Southeast Asia and New Guinea. ITB, Bandung.
  • Crocodilian Biology Database, FAQ. FLMNH.ufl.edu, "How long do crocodiles live for?" [sic] Adam Britton.
  • Crocodilian Biology Database, FAQ. FLMNH.ufl.edu, "How fast can a crocodile run?" Adam Britton.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]