Crocuta | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Hiena pinta (Crocuta crocuta) na Reserva nacional Masai Mara, Kenya. | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||
* Canis crocuta Erxleben, 1777 (nome orioxinal; hoxe Crocuta crocuta) [1] | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Crocuta é un xénero de mamíferos carnívoros pertencente á familia dos hiénidos.
O xénero foi descrito en 1828 polo zoólogo e paleontólogo alemán Johann Jakob Kaup.[1][2]
Na actualidade, o xénero Crocuta comprende tan só unha especie:
á que e engaden as seguintes especies extintas:
O nome científico Crocuta pensouse durante moito tempo que derivava do barbarismo latino crocutus, que se traduciría como "de cor azafrán", en referencia á cor da pel da hiena. Pero demostrouse que isto era incorrecto, porque a ortografía correcta deste estranxeirismo sería crocāta, e esta palabra nunca foi utilizada nese sentido polas fontes grecorromanas.
Crocuta en realidade provén da palabra do grego antigo κροκόττας (krokóttas), que deriva do sánscrito koṭṭhâraka, que á súa vez vén de kroshṭuka (que orixinalmente significaba "chacal dourado)".
A mención máis antiga rexistrada de crocotta / κροκόττας procede da Xeografía, de Estrabón, onde o animal (a hiena pinta) descríbese como unha mestura de lobo e o can nativo de Etiopía.[3]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Crocuta |