Cynoglossus browni

Cynoglossus browni
Lingua de can de Nixeria
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Cynoglossidae
Subfamilia: Cynoglossinae
Xénero: Cynoglossus
Especie: C. browni
Nome binomial
Cynoglossus browni
Chabanaud, 1949[1]

Cynoglossus browni é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos cinoglósidos e subfamilia dos cinoglosinos,[1] coñecido en galego como lingua de can de Nixeria.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1949 polo ictiólogo francés Paul Chabanaud.[1][3]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ao longo do tempo foi coñecida tamén polo sinónimo Cynoglossus senegalensis browni Chabanaud, 1949.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

É un peixe plano de corpo ovalado, coa marxe anterior da cabeza semicircular, e rematado nunha cola que se vai estreitando progresivamente,[3] que pode chegar a medir até 40.2 cm de lonxitude,[4] aínda que os espécimes apañados na pesca adoitan roldar os 30 cm.[5]

Hábitat, distribución e bioloxía

[editar | editar a fonte]

É unha especie mariña, demersal, que habita en augas costeiras tropicais sobre fonodos areosos e lamacentos,[6] a profundidades de entre os 15 aos 40 m,[4] no Atlántico oriental, entre os 16° N e os 5° S, desde o Senegal até Angola.[3]

Aliméntase dunha ampla gama de invertebrados bentónicos.[3]

Cynoglossus browni é unha especioe comestíbel, que se pesca nas zonas 34 e 47 (Atlántico centro-oriental e sueste, respectivamente).[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Cynoglossus browni Chabanaud, 1949 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 80.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Cynoglossus browni Chabanaud, 1949 en FishBase.
  4. 4,0 4,1 Deslouter, M. (1990).
  5. Sanches, J. G. (1991): Catálogo dos principais peixes marinhos da República de Guiné-Bissau. Publicações avulsas do I.N.I.P. nº 16.
  6. Schneider, W. (1990): FAO species identification sheets for fishery purposes. Field guide to the commercial marine resources of the Gulf of Guinea. Prepared and published with the support of the FAO Regional Office for Africa. Roma: FAO.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Desoutter, M. (1990): "Cynoglossidae". En J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds.: Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Vol. 2, pp. 1050-1054.
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
  • Menon, A. G. K. (1977): "A systematic monograph of the tongue soles of the genus Cynoglossus Hamilton-Buchanan (Pisces: Cynoglossidae)". Smithson. Contrib. Zool. (238): 1-129.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]