Cynoglossus cadenati

Cynoglossus cadenati
Lingua de can de Ghana
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Cynoglossidae
Subfamilia: Cynoglossinae
Xénero: Cynoglossus
Especie: C. cadenati
Nome binomial
Cynoglossus cadenati
Chabanaud, 1947[1]

Cynoglossus cadenati é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos cinoglósidos e subfamilia dos cinoglosinos,[1] coñecido en galego como lingua de can de Ghana.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1947 polo ictiólogo francés Paul Chabanaud.[1][3]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ao longo do tempo foi coñecida tamén poloa sinónimos:[1]

  • Cynoglossus cadenati cadenati Chabanaud, 1947
  • Cynoglossus cadenati honoris Chabanaud, 1949

Características

[editar | editar a fonte]

É un peixe plano de corpo ovalado, coa marxe anterior da cabeza semicircular, e rematado nunha cola que se vai estreitando progresivamente,[3] que pode chegar a medir até 20 cm de lonxitude,[4] aínda que os espécimes apañados na pesca adoitan roldar os 15 cm.[4]

Hábitat, distribución e bioloxía

[editar | editar a fonte]

É unha especie mariña e de augas salobres, demersal, que habita en augas costeiras tropicais sobre fondos areosos ou lamacentos,[4] a profundidades de entre os 10 e os 30 m,[4] máis frecuentemente entre os 10 e os 15 m,[5] no Atlántico oriental, entre os 16° N e os 17° S, desde o Senegal até Angola.[3]

Cynoglossus cadenati é unha especioe comestíbel, que se pesca na zona 34 (Atlántico centro-oriental).[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Cynoglossus cadenati Chabanaud, 1947 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 80.
  3. 3,0 3,1 3,2 Cynoglossus cadenati Chabanaud, 1947 en FishBase.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Schneider, W. (1990).
  5. Sanches, J. G. (1991): Catálogo dos principais peixes marinhos da República de Guiné-Bissau. Publicações avulsas do I.N.I.P. nº 16.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Desoutter, M. (1990): "Cynoglossidae". En J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds.: Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Vol. 2, pp. 1050-1054.
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
  • Menon, A. G. K. (1977): "A systematic monograph of the tongue soles of the genus Cynoglossus Hamilton-Buchanan (Pisces: Cynoglossidae)". Smithson. Contrib. Zool. (238): 1-129.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Schneider, W. (1990): FAO species identification sheets for fishery purposes. Field guide to the commercial marine resources of the Gulf of Guinea. Prepared and published with the support of the FAO Regional Office for Africa. Roma: FAO.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]