Džanan Musa

Infotaula de personaDžanan Musa

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de maio de 1999 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Bihać, Bosnia e Hercegovina Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBosnia e Hercegovina Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Altura205 cm Editar o valor en Wikidata
Peso85 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2015 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaBosnia e Hercegovina Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor en Wikidata
Convocado porBrooklyn Nets, 29º (2018) Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- KK Cedevita Zagreb
- Brooklyn Nets Editar o valor en Wikidata

Facebook: MusaDzanan Twitter: DzananM13 Instagram: dzananmusa Editar o valor en Wikidata

Džanan Musa, nado o 8 de maio de 1999 en Bihać, é un xogador bosníaco de baloncesto profesional. Seleccionado na primeira rolda do Draft da NBA polos Brooklyn Nets, xoga na posición de ala cunha altura de 2,06 m. Tras finalizar a súa etapa na NBA e xogar no Anadolu Efes da Euroliga e no Río Breogán da Liga ACB, actualmente xoga para o Real Madrid.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Bihać, ao noroeste de Bosnia e Hercegovina, Musa comezou a xogar de pequeno ao fútbol antes de decidir dedicarse ao baloncesto. Durante a súa etapa xuvenil formou parte do KK Bosna, do KK Koš de Saraxevo e finalmente, desde 2014, do KK Cedevita croata.[1] O 15 de outubro de 2015 fixo o seu debut na Euroliga con tan só 16 anos, sendo un dos xogadores máis novos en debutar na historia da competición.[2] Neste primeiro encontro, disputado ante o Olympiacos, disputou preto de cinco minutos nos que anotou catro puntos. Durante a súa etapa no equipo croata gañou tres ligas e tres copas croatas e unha Supercopa da Liga do Adriático. A nivel individual en 2018 foi recoñecido no mellor quinteto da Liga do Adriático, así como xogador máis prometedor tanto desa competición como da EuroCup, na que fixo unha media de 10,5 puntos e 3,2 rebotes por encontro.

Tras finalizar a súa estancia en Croacia, Musa presentouse ao Draft da NBA de 2018, sendo escollido o 21 de xuño de 2018 na primeira rolda (29ª posición) polos Brooklyn Nets.[3] Após dúas temporadas no equipo neoiorquino, onde fixo unha media de 4,3 puntos e 1,9 rebotes por partido, o 13 de xaneiro de 2021 volveu a Europa tras asinar co Anadolu Efes SK turco.[4] Tras finalizar a temporada, o 21 de xullo de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo Río Breogán da Liga ACB.[5] No equipo de Lugo realizou unha gran tempada e converteuse no primeiro xogador dun club galego en gañar o MVP da ACB, despois de ser o xogador con máis valoración da liga (23,1 de media) e o máximo anotador da competición, cunha media de 20,1 puntos por encontro.[6]

  1. "Cedevita Zagreb signs Dzanan Musa". Sportando.com. 17 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2014. Consultado o 17 de decembro de 2014. 
  2. "Sixteen-year-old Musa makes historic Euroleague debut for Cedevita". FIBA.com. 22 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2016. Consultado o 19 de maio de 2016. 
  3. Dowd, Tom (22 de xuño de 2018). "Brooklyn Nets Select Dzanan Musa, Rodions Kurucs in 2018 NBA Draft". NBA.com. Consultado o 3 de outubro de 2018. 
  4. "Anadolu Efes signs Dzanan Musa to multiyear deal". Eurohoops. 13 de xaneiro de 2021. Consultado o 13 de xaneiro de 2021. 
  5. "Dzanan Musa súmase ao Río Breogán". CB Breogán. 21 de xullo de 2021. 
  6. "Dzanan Musa, MVP de la temporada en la Liga Endesa". Marca (en castelán). 15 de maio de 2022. Consultado o 16 de maio de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]