(2012) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1981 (43 anos) A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2000 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Hong Kong | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Daniel Cancela Rodríguez, coñecido como Dani Cancela, nado na Coruña o 23 de setembro de 1981, é un exfutbolista galego, que xogaba de defensa. Comezou a súa carreira no Fabril, pasando logo polo Fuenlabrada e o Lugo, antes de marchar en 2010 a Hong Kong, onde militou durante 12 anos nas filas do Kitchee SC. Gañou 25 títulos co club, do que foi capitán e do que é o xogador estranxeiro con máis partidos disputados na súa historia.
Foi 15 veces internacional coa selección de Hong Kong.
Formouse na canteira do Deportivo da Coruña. Na tempada 2000/01 xogou cedido no Malpica e durante os seguintes cinco anos xogou co Fabril en Terceira División.[1][2] Logo xogou dúas tempadas no CF Fuenlabrada e outras dúas no CD Lugo, en ambos os casos na Segunda División B.
En xullo de 2010 tras unha proba frustrada co BK Häcken da Allsvenskan (primeira división sueca),[3] puxo rumbo cara a Hong Kong para fichar polo Kitchee SC, da Primeira División de Hong Kong.[4] Con este club gañou numerosos títulos durante a seguinte década, entre eles oito ligas, e xogou habitualmente a Liga de Campións da AFC e a Copa da AFC. En 2014 acadou as semifinais da Copa da AFC, onde foron eliminados polo Erbil do Kurdistán iraquí.
Debutou na Liga de Campións o 6 de marzo de 2018, nun partido contra o Kashiwa Reysol no Xapón, que rematou con vitoria pola mínima para o equipo nipón. Con todo, unha semana despois, contra o mesmo equipo, Cancela e o Kitchee lograron a primeira vitoria dun equipo de Hong Kong na historia da Liga de Campións (1-0).[5] En 2022, no día no que o Kitchee disputaba por primeira vez os oitavos de final da Liga de Campións, Cancela converteuse no primeiro xogador estranxeiro na historia do club en acadar os 250 partidos.[6] Pouco despois colgou as botas, despois de 12 anos como xogador do club e con 25 títulos no seu palmarés.
En outubro de 2017 recibiu a nacionalidade hongkonesa e ese mesmo mes debutou con 36 anos como internacional coa selección de fútbol de Hong Kong, nun partido amigábel contra a selección de Laos, gañando 4-0.[7][8] Disputou un total de 15 partidos como internacional ata 2019.[9]