Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 24 de marzo de 1998 (26 anos) Borriana, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2015 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Daniel Escriche Romero, coñecido como Dani Escriche, nado en Burriana (Castelló) o 24 de marzo de 1998, é un futbolista español das canteiras do Castellón e Lugo que actualmente xoga de extremo no Huesca.
Nado en Burriana, Castelló, Escriche formou parte das categrías inferiores do CD Castellón tras chegar en 2015 desde o Club Burriana FB, equipo da súa cidade natal.[1] Despois de ser asignado ao equipo xuvenil, debuta en categoría aboluta co filial do Castellón en rexional, marcando o seu primeiro gol o 22 de novembro na vitoria por 6-1 ante o Vinaròs CF. Co primeiro equipo, da Terceira División, debuta o 3 de xaneiro de 2016 con 17 anos e 284 días. Tras acabar a temporada, o 9 de agosto, asina co Lugo, da Segunda División, volvendo á categoría xuvenil. O 27 de maio de 2017 debuta no fútbol profesional na derrota dos lucenses por 1-0 contra o Numancia.