Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de abril de 1997 ![]() As Pontes de García Rodríguez, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | arqueiro ![]() |
Nacionalidade deportiva | España ![]() |
Deporte | tiro con arco ![]() |
Participou en | |
xuño de 2022 | 2022 European Archery Championships – Men's Individual Recurve (en) ![]() |
xuño de 2022 | 2022 European Archery Championships – Men's Team Recurve (en) ![]() |
2022 | archery at the 2022 Mediterranean Games – men's team (en) ![]() |
2022 | archery at the 2022 Mediterranean Games – men's individual (en) ![]() |
2022 | 2022 Archery World Cup (en) ![]() |
23 de xullo de 2021 | tiro com arco nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - equipes mistas (pt) ![]() |
24 de xullo de 2020 | Tiro com arco nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Individual masculino (pt) ![]() ![]() |
Daniel Castro Barcala, coñecido como Dani Castro, nado nas Pontes o 19 de abril de 1997, é un arqueiro galego que compite en tiro con arco na modalidade de arco recurvo.
Comezou a practicar tiro con arco xunto á súa irmá Cristina na súa vila natal, no club Sílex, onde tivo como compañeiros entre outros a Miguel Alvariño e Gema Buitrón. Baixo a batuta do adestrador Manuel Buitrón logrou en 2014 o seu primeiro campionato de España en categoría cadete, así como o campionato de Galicia xuvenil de recurvo.[1][2]
No 2017 trasladouse a Madrid, cunha bolsa para entrar na Academia Blume, onde se puxo ás ordes dos técnicos da Federación Española de Tiro con Arco.[3] En febreiro de 2018 proclamouse campión de España de sala por equipos, xunto a Miguel Alvariño e Vicente Veira, mentres que a nivel individual acabou cuarto.[4] En xullo do mesmo ano, no campionato de España absoluto celebrado en Santander, conseguiu o bronce na categoría individual, por detrás de Alvariño e Pablo Acha.[5] Xunto a eses dous arqueiros integrou a selección española que competiu durante os seguintes anos na Copa do Mundo e os Xogos Europeos de 2019 en Minsk.[6]
Miguel Alvariño gañou inicialmente a praza española para acudir aos Xogos Olímpicos de 2020 en Toquio, pero tralo adiamento destes por mor da pandemia de COVID-19, a Federación puxo a praza de novo en xogo, sendo esta para Dani Castro, que en abril de 2020 gañou a medalla de prata na proba individual da Copa do Mundo celebrada na Cidade de Guatemala.[7][3] Xa en Toquio comezou disputando a proba de clasificación para a competición de dobres mixto, facendo parella con Inés de Velasco, pero acabando no posto 21º, cando só os 16 primeiros accedían á competición.[8]