Dark Matter Particle Explorer / DAMPE / Wukong | |
---|---|
Tipo | Observatorio espacial |
Contratistas principais | Academia de Ciencias da China |
Data de lanzamento | 17 de decembro de 2015[1][2][3] |
Foguete portador | CZ-2D[2][4] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan[2][3][4][5] |
Obxectivo da misión | Observatorio espacial de altas enerxías.[2][3][4][5] |
NSSDC ID | 2015-078A |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6869 km[1] |
Inclinación | 97,4°[1] |
Apoapse | 507,3 km[1] |
Periapse | 489,3 km[1] |
Dark Matter Particle Explorer ou DAMPE, tamén coñecido como Wukong, é un observatorio espacial da China lanzado o 17 de decembro de 2015 a bordo dun foguete CZ-2D desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.[1][2][4][5][6][7]
DAMPE é un observatorio espacial operado pola Academia de Ciencias da China adicado á detección de partículas enerxéticas como raios gamma, electróns de alta enerxía e raios cósmicos. O obxectivo do observatorio é buscar e estudar partículas de materia escura mediante observación de partículas de alta enerxía, estudar a orixe dos raios cósmicos e analizar o mecanismo de aceleración dos raios cósmicos.[1][2][4][5][6][7]
O observartorio foi inxectado nunha órbita heliosincrónica cunha altitude de 500 km e unha inclinación de 97,4 graos. Ten unha masa de preto de 1900 kg e leva a bordo catro experimentos:[1][2][4][5][6][7]
O rango de enerxías detectables por DAMPE van dos 5 GeV a 10 TeV para electróns e de 100 GeV a 100 TeV para raios cósmicos.[1][2][4][5][6][7]