Darrell Arthur

Modelo:BiografíaDarrell Arthur

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Darrell Antwonne Arthur Editar o valor en Wikidata
25 de marzo de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Dallas, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Kansas
South Oak Cliff High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura206 cm Editar o valor en Wikidata
Peso102 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote e Ala Editar o valor en Wikidata
Número deportivo00 Editar o valor en Wikidata
Convocado porNew Orleans Pelicans Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Memphis Grizzlies
Phoenix Suns
Denver Nuggets
2006–2008 Kansas Jayhawks

Twitter: DarrellArthur00 Editar o valor en Wikidata

Darrell Antwonne Arthur, nado o 25 de marzo de 1988 en Dallas (Texas), é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Mide 2,06 metros de altura, e xogaba na posición de ala-pivote. Foi campión da NCAA coa Universidade de Kansas en 2008. É curmán do aleiro Quinton Ross.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Xogou durante dúas tempadas cos Jayhawks da Universidade de Kansas. Na súa primeira tempada, xogando ao carón do que sería primeira rolda do Draft da NBA de 2007 Julian Wright, fixo 9,8 puntos e 4,7 rebotes en 19,0 minutos de xogo, sendo ademais o líder do equipo en tapóns, conseguindo 1,5 por partido. Foi elixido no mellor quinteto freshman da Big 12 Conference.

Na súa segunda e derradeira tempada foi o segundo máximo anotador do equipo (12,8 puntos por partido) e o segundo máximo reboteador (6,3), rematando na cuarta posición da Big-12 en porcentaxe de tiros de campo (54,3%). Chegou co seu equipo á final da NCAA, na cal erixiuse coma líder dos Jayhawks ante a Universidade de Memphis, conseguindo 20 puntos e 10 rebotes, anotando 9 de 13 en tiros de campo.[2] Foi elixido no mellor quinteto da Big 12. Durante a súa traxectoria en Kansas levou na camiseta o número 00 (dobre 0), que non levara ninguén dende Greg Ostertag. No total da súa traxectoria coma universitario fixo 11,3 puntos e 5,5 rebotes por partido, cunha porcentaxe de tiro do 54,1%.[3]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Foi elixido para representar ao seu país coa selección dos Estados Unidos nos Campionatos do Mundo sub-19 celebrados en Novi Sad (Serbia), pero non puido xogar por unha rotura na súa perna esquerda.

Profesional

[editar | editar a fonte]

Arthur foi elixido na 27ª posición do Draft da NBA de 2008 por New Orleans Hornets, pero foi inmediatamente traspasado aos Portland Trail Blazers a cambio de diñeiro, os cales o traspasaron á súa vez aos Houston Rockets a cambio dos dereitos do francés Nicolas Batum, elixido no posto 25. Pouco despois, os Rockets o traspasaron de novo, desta vez aos Memphis Grizzlies a cambio de Donte' Greene, elixido no mesmo draft no posto 28.[4] O 8 de xullo dese mesmo ano asinou un contrato polos Grizzlies.[5]

O 27 de xuño de 2013, Arthur foi traspasado xunto a Joffrey Lauvergne ós Denver Nuggets a cambio de Kosta Koufos.[6]

O 13 de xullo de 2018, Arthur foi traspasado xunto a Kenneth Faried e dúas futuras eleccións do Draft ós Brooklyn Nets, a cambio de Isaiah Whitehead.[7] Sete días máis tarde foi traspasado ós Phoenix Suns a cambio de Jared Dudley e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021.[8] O 15 de outubro de 2018, foi cortado polos Suns.[9]

  1. "Darrell Arthur Prospect Profile". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2009. Consultado o 20 de setembro de 2009. 
  2. Kansas 75, (1) Memphis 68
  3. Ficha de Arthur en TDR
  4. "Arthur's wild night: inaccurate rumors, a long wait, three trades". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2008. Consultado o 20 de setembro de 2009. 
  5. Grizzlies sign first round draft picks O.J. Mayo and Darrell Arthur
  6. "Nuggets Acquire F Darrell Arthur From Memphis Grizzlies". NBA.com. 27 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 28 de xuño de 2013. 
  7. "Brooklyn Nets acquire Kenneth Faried, Darrell Arthur from Denver Nugget". NBA.com. 13 de xullo de 2018. Consultado o 13 de xullo de 2018. 
  8. "Brooklyn Nets Complete Trade With Phoenix Suns". NBA.com. 20 de xullo de 2018. Consultado o 20 de xullo de 2018. 
  9. "Suns Waive Arthur, Harrison". NBA.com. 15 de outubro de 2018. Consultado o 15 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]