David e Goliat | |
---|---|
Artista | Caravaggio |
Data | 1600 |
Técnica | Pintura ó óleo sobre lenzo |
Dimensións | 110,4 cm × 91,3 cm |
Localización | Museo do Prado (Madrid) |
David e Goliat (en italiano: Davide e Golia) é un cadro de Caravaggio, realizado en óleo sobre lenzo, cunhas dimensións de 110,4 cm de alto e 91,3 cm de ancho. Está datada cara a 1600 e consérvase no Museo do Prado, onde se atopa dende a súa inauguración en 1819.
Pensouse que o cadro foi adquirido por un nobre con próxima relación a Caravaggio, cara a 1617, pero non está documentado nas coleccións reais españolas até 1781, na época de Carlos III.
A pintura amosa un panorama escuro, e ó mozo David vitorioso, que sostén a cabeza de Goliat. Pensouse que Caravaggio se autorretratou neste cadro, na figura de Goliat, pois tiña a sensación de que morrería nesa forma.
A autoría da obra foi discutida décadas atrás, pero actualmente considérase autógrafa de Caravaggio con seguridade. Unha das pistas que avalan a autoría é que, vista con raios X, a pintura desvela un esbozo moi diferente na cabeza de Goliat.