Deimos 1 | |
---|---|
Tipo | Observación terrestre |
Fabricante | SSTL |
Organización | Elecnor Deimos Space/UrtheCast |
Data de lanzamento | 29 de xullo de 2009[1][2][3] |
Foguete portador | Dnepr[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][3][4][5] |
Obxectivo da misión | Observación da superficie terrestre.[2][3][4][5] |
NSSDC ID | 2009-041A |
Masa | 91 kg[4] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7032 km[1] |
Inclinación | 97,7°[1] |
Apoapse | 661,3 km[1] |
Periapse | 660,9 km[1] |
Deimos 1 é un satélite artificial español lanzado o 29 de xullo de 2009 a bordo dun foguete Dnepr desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2][4][5]
Deimos 1 foi construído por SSTL para Elecnor Deimos Space, que vendeu o satélite a súa división de imaxe a UrtheCast. O satélite ten unha masa de 91 kg e forma cúbica, xerando enerxía mediante células solares. Está adicado a obter imaxes da superficie terrestre dispoñibles comercialmente, para o que usa cámaras en tres bandas espectrais cunha resolución de 22 metros. Foi sucedido polo Deimos 2.[1][2][4][5]