Na historia da ciencia, o Demo de Laplace é un hipotético "demo" ideado no 1814 por Pierre Simon Laplace tal que, se coñecera o momento e posición precisa de cada átomo do universo, entón, por medio das Leis de Newton, podería coñecer todo o futuro e pasado dos sucesos cósmicos.
Laplace cría no determinismo causal, como é expresado na seguinte cita da introdución ós Essai:
Podemos contemplar o presente do Universo como efecto do seu pasado e causa do seu futuro. Unha 'intelixencia' que nun certo momento poida coñecer todas as forzas que están presentes na natureza do movento, e tódalas posicións de tódalas cousas das que se compón a natureza, se fose abondo potente para ser capaz asemade de someter tódolos datos á análise, podería abrazar nunha sinxela fórmula os movementos dos grandes corpos do universo e daqueles átomos máis pequenos; para tal intelixencia nada sería incerto e o futuro, tanto como o pasado, estarían presentes nos seus ollos.
A intelixencia citada é referida a miúdo como Demo de Laplace. Hai que notar que a descrición da hipotética intelixencia descrita como demo non vén de Laplace, senón de biógrafos posteriores: Laplace víase como un científico que tiña esperanza no progreso da humanidade baseado nun coñecemento científico do mundo que, cando se acadase, ía necesitar unha tremenda capacidade para facer cálculos instantáneos.
Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |