A poboación de Corea do Norte é unha das máis homoxéneas do mundo, étnica e lingüisticamente, incluíndo apenas pequenas comunidades chinesas e xaponesas, así como vietnamitas.
A lingua coreana non forma parte de ningunha familia lingüística maior, aínda que se investigan posibles relacións co xaponés e outras linguas altaicas. O sistema de escritura do coreano, chamado hangul, foi inventado no século XV polo rei Sejong o Grande para substituír o sistema de caracteres chineses, coñecidos en Corea como hanja, que xa non se usan de forma oficial. Corea do Norte continúa co sistema de romanización McCune-Reischauer do coreano, contrastando con Corea do Sur que revisou a romanización no ano 2000.
Corea ten unha herdanza budista e confucionista, con comunidades cristiás e de chondogyo tradicional. Pyongyang, a capital de Corea do Norte, era o centro de actividade cristiá antes da Guerra de Corea. Segundo estimacións de 2009, Corea do Norte ten unha poboación de 24 051 218 habitantes, cunha idade media de 32 anos. A mortalidade infantil é de 21,86 por mil e a esperanza de vida de 63,81 anos. O 99% da poboación por encima dos 15 anos pode ler e escribir en coreano.
No actual territorio de Corea do Norte.
24 051 218 (2009 est.)
0–14 anos:
21.3% (home 2,440,439/muller 2,376,557)
15–64 anos:
69.4% (home 7,776,889/muller 7,945,399)
máis de 65 anos:
9.4% (home 820,504/muller 1,305,557) (2009 est.)
1,02% (1991 est.)
0,31% (1996 est.)
0,87% (2006 est.)
0,42% (2009 est.)
20,01 nacementos/1.000 poboación (1991 est.)
17,58 nacementos/1.000 poboación (1996 est.)
14,61 nacementos/1.000 poboación (2006 est.)
14,61 nacementos/1.000 poboación (2008 est.)
8,94 mortes/1.000 poboación (1991 est.)
9,52 mortes/1.000 poboación (1996 est.)
7,29 mortes/1.000 poboación (2006 est.)
7,29 mortes/1.000 poboación (2008 est.)
-0,09 migrantes(s)/1.000 poboación (2009 est.)
ao nacer:
1.06 home(s)/muller
15 anos:
1.03 home(s)/muller
15–64 anos:
0.98 home(s)/muller
65 años para adiante:
0.63 home(s)/muller
total de poboación:
0.95 home(s)/muller (2009 est.)
51,34 mortes/1.000 nacementos (2009 est.)
Total:
63,81 anos
Home:
61,23 anos
Muller:
66,53 anos (2009 est.)