Diet Cig | |
---|---|
Orixe | New Paltz, Nova York, |
Período | 2014 - presente |
Xénero(s) | punk rock, indie rock, pop punk, garage punk, indie pop |
Selo(s) discográfico(s) | Frenchkiss Records, Father/Daughter Records |
Membros | Alex Luciano Noah Bowman |
Na rede | |
http://dietcig.com | |
Diet Cig é un dúo estadounidense de pop-punk formado en setembro de 2014 en New Paltz, Nova York. Esta composta polo vocalista e guitarrista Alex Luciano e o batería Noah Bowman. O seu primeiro EP, Over Easy, foi publicado en febreiro de 2015.
Alex Luciano e Noah Bowman coñecéronse nun concerto en New Paltz no verán do ano 2014. A vella banda de Bowman, Earl Boykins, tocaba nese concerto. Luciano necesitaba un mechero e interrompeu ao grupo para predirlle a Bowman un, pero el no seu lugar deulle unha botella de viño. Despois, Luciano conseguiu o seu número e díxolle de facer un vídeo musical para el. O día seguinte Bowman tatuou unha margarida no pé de Luciano e en agosto de 2014 a parella estaban facendo música xuntos.[1] Aínda que Bowman tocara en bandas dende que tiña 13 anos, Luciano nunca o fixera en ningunha e só sabía tocar algúns acordes coa guitarra. Oficialmente bautizaron ao grupo como Diet Cig en setembro de 2014. Luciano e Bowman confirmaron nunha entrevista en Pigeons and Planes que o nome non tiña significado ningún.[2]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Swear I'm Good At This | 2017 | Frenchkiss Records |