Dirty | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Sonic Youth | ||||
Publicado | 21 de xullo de 1992 | |||
Gravación | 1992 | |||
Duración | 58:45 | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | DGC Records | |||
Produtor | Butch Vig, Sonic Youth | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Dirty é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, e foi orixinalmente editado o 21 de xullo de 1992 polo selo DGC Records. Lanzárose catro sinxelos do álbum, "100%", "Youth Against Fascism", "Sugar Kane" e "Drunken Butterfly", todos eles con cadanseu vídeo musical (o derradeiro deles feito por un seareiro). Todos os vídeos aparecen no recompilatorio en DVD Corporate Ghost.
O 25 de marzo do 2003 editouse unha edición deluxe do álbum con dous CDs. Esta edición estaba formada polos temas do álbum orixinal máis caras-B, demos e gravacións non editadas anteriormente.
Dirty foi elixido mellor álbum do ano 1992 polas publicacións Alternative Press e Entertainment Weekly[1][2].
En novembro de 1991 a banda comezou a gravar demos nun 8 pistas no seu local de ensaio en Hoboken, Nova Jersey, moitas das cales aparecerían posteriormente na edición deluxe do álbum. As sesións no estudio comezaron en Magic City, na cidade de Nova York, en febreiro de 1992 baixo a produción de Butch Vig. O encargado de realizar a mestura foi Andy Wallace.
Tódolos temas escritos e compostos por Sonic Youth agás onde se indique.
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "100%" (letra Gordon/voz Moore) | 2:28 |
2. | "Swimsuit Issue" (letra/voz Gordon) | 2:57 |
3. | "Theresa's Sound-World" (letra/voz Moore) | 5:27 |
4. | "Drunken Butterfly" (letra/voz Gordon) | 3:03 |
5. | "Shoot" (letra/voz Gordon) | 5:16 |
6. | "Wish Fulfillment" (letra/voz Ranaldo) | 3:24 |
7. | "Sugar Kane" (letra/voz Moore) | 5:56 |
8. | "Orange Rolls, Angel's Spit" (letra/voz Gordon) | 4:17 |
9. | "Youth Against Fascism" (letra/voz Moore) | 3:36 |
10. | "Nic Fit" (voz Moore) (orixinalmente composta por Untouchables) |
0:59 |
11. | "On the Strip" (letra/voz Gordon) | 5:41 |
12. | "Chapel Hill" (letra/voz Moore) | 4:46 |
13. | "Stalker" (letra/voz Moore) (canción extra do vinilo e do CD xaponés) |
3:01 |
14. | "JC" (letra/voz Gordon) | 4:01 |
15. | "Purr" (letra/voz Moore) | 4:21 |
16. | "Créme Brûlèe" (letra/voz Gordon) | 2:33 |